Aeroporto de Murcia-San Javier
O Aeroporto de Murcia-San Javier (IATA: MJV, OACI: LELC) é unha base aérea militar do Exército do Aire situada xunto ao mar Menor, na pedanía de Santiago de la Ribera, no concello de San Javier (Rexión de Murcia), a 50 quilómetros da cidade de Murcia.
Aeroporto de Murcia-San Javier
| |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Sumario | |||
Tipo | Base aérea militar aberta ao tráfico civil | ||
Propietario | Exército do Aire | ||
Cidade/Illa | Murcia | ||
Localización | Santiago de la Ribera (San Javier) | ||
Elevación (msnm) | 9 metros / 28 pés | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05R/23L | 2.320x45 | 7.546x148 | asfalto |
05L/23R | 1.577x45 | 5.174x148 | asfalto |
Estatísticas (2018) | |||
Número de pasaxeiros | 1.273.424 | ||
Operacións | 9.179 | ||
Carga (ton.) | 0,08 |
Estivo aberta ao tráfico civil como aeroporto público xestionado por Aena ata o 15 de xaneiro de 2019, cando se inaugurou o Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia.[1]
Historia
editarO aeroporto ten a capacidade para recibir avións de mediano tamaño como un Boeing 757 ou un Airbus A300. Conta con dúas pistas, a principal é a 05 R/23 L e outra secundaria 05 L/05L/23R de menor lonxitude, aberta en 2011 e destinada en exclusiva a material L-26 Baruto da escola elemental de San Javier, co que a principal é utilizada por material L-25 Mirlo (CASA C-101) combinado con voos civís durante todo o día.
Foi remodelado para ser usado como aeroporto civil en 1995, ano no cal tivo un volume de 88.608 pasaxeiros. No ano 2004 a terminal recibiu unha ampliación de 1.100 metros, ademais de poñer en funcionamento novos equipos na zona de entrega de equipaxe. Cara a 2006 rematáronse as obras de remodelación e ampliación onde se habilitaron 8 mostradores máis quedando un total de 18, aumentouse o tamaño da zona de seguridade, inauguráronse unha cafetaría e tendas de duty free ademais de novos baños.[2]
En marzo de 2011 inaugurouse a segunda pista do aeroporto para que puidese operar como aeroporto civil as 24 horas ao día, tras un investimento duns 67 millóns de euros por parte da empresa estatal Aena.[3][4]
En xuño de 2011 o novo director do aeroporto de San Javier confirmou que Aena tiña previsto un plan de investimentos (como a ampliación da terminal de pasaxeiros) e que non se pecharía San Javier coa apertura de Corvera.[5]
Non obstante, ao quedar Aena como adxudicataria do novo Aeroporto Internacional, confirmouse que todas as operacións e o persoal serían trasladados de San Javier a Corvera, quedando San Javier para uso militar exclusivamente.[6][7]
O aeroporto pechou ao tráfico civil o 14 de xaneiro de 2019, debido á apertura o día seguinte do novo aeroporto de Corvera. O último voo foi operado por Ryanair entre San Javier e Manchester.[8]
Notas
editar- ↑ La Verdad. "Aena iniciará os voos de Corvera o 15 de xaneiro do ano próximo".
- ↑ spanish-airport-guide.com. "Información sobre o Aeroporto de Murcia". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 3 de maio de 2009.
- ↑ Vocento, ed. (18 de marzo de 2011). "Inaugurada a segunda pista de San Javier, que competirá con Corvera". LaVerdad.es (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2011.
- ↑ "O Aeroporto de San Javier estrea a súa segunda pista, que aumentará a capacidade de voos comerciais" (en castelán). Europa Press. 18 de marzo de 2011. Consultado o 23 de agosto de 2011.
- ↑ LaVerdad.es (21 de xuño de 2011). Vocento, ed. "O novo director do aeroporto descarta o abandono de San Javier" (en castelán). Consultado o 23 de agosto de 2011.
- ↑ La Verdad. "O aeropuerto de Corvera estará listo para operar en decembro".
- ↑ El País. "Aena explotará durante 25 años el aeropuerto de Murcia ‘resucitado’".
- ↑ La Verdad. "O presidente de Aena asistirá ao peche dos voos comerciais en San Javier".
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial do Aeroporto de Murcia-San Javier na web de AENA Arquivado 02 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)