Adrián Morado Veres
médico galego
Adrián Morado Veres, nado en Ribadeo en 1865 e finado en Bahía Blanca en 1951, foi un médico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1865 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Morte | 1951 ![]() Bahía Blanca, Arxentina ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico ![]() |
Familia | |
Parentes | Laureano Veres Acevedo, tío ![]() |
Traxectoria
editarFillo dun sarxento de carabineiros de Ribadeo e sobriño de Laureano Veres Acevedo. Grazas ao apoio do seu tío estudou no Colexio dos Xesuítas de Camposancos. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e emigrou a Arxentina. Instalouse en Bahía Blanca en 1890. Foi unha recoñecida eminencia médica do sur arxentino.