Adolfo Prego de Oliver Domínguez
Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1913 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 15 de outubro de 2000 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo, crítico de teatro ![]() |
Familia | |
Fillos | Victoria Prego, Adolfo Prego de Oliver y Tolivar ![]() |
Irmáns | Manuel Prego de Oliver ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou Maxisterio na Escola Normal de Ourense. Empezou a traballar en 1933 no xornal La Región e despois pasou a El Pensamiento Navarro e La Voz de España de Donostia. Logo da guerra civil española asentouse en Madrid e comezou a traballar na Axencia EFE cubrindo a segunda guerra mundial.
Traballou como crítico teatral en El Alcázar e Informaciones. Tamén na revista Mundo, de contidos internacionais. En 1957 comezou no semanario Blanco y Negro, do que foi redactor xefe entre 1963 e 1967. Nese ano pasou a dirixir a revista Miss, e en 1973 regresou como subdirector a Blanco y Negro, que dirixiu entre 1976 e setembro de 1978. Nese ano pasou ao ABC, onde redactaba a columna "Cada día”, crítica teatral e crónica parlamentaria. En 1964 escribiu a comedia teatral Los Justicieros, que acadou o Premio Lope de Vega 1964 do Ayuntamiento de Madrid. Estreouse en xaneiro de 1965 no Teatro Español de Madrid co título Epitafio para un soñador. Escenificou a novela Pobres gentes de Fiódor Dostoievski e promoveu en España a vangarda teatral do momento, representada por Iniesco e Camus.
Vida persoal
editarFoi irmán do mestre e pintor Manuel Prego de Oliver, e pai da xornalista Victoria Prego e do xurista Adolfo Prego de Oliver y Tolivar.
Obra
editar- Señor profesor (Madrid: Vértice, 1939)
- Héroes españoles en Rusia (Madrid: Publicaciones Españolas, 1954)
- La ruta del perdón (sinopsis cinematográfica) (Madrid: Copión, 1961)
- Epitafio para un soñador: drama en tres actos (Madrid: Alfil, 1965)
- La caracola y la campana: romance para juglares de ayer y hoy (Madrid: Playor, 1978; con C. M. Suárez Radillo)
- El exiliado (inédita)
- Comedia para estudiantes (inédita)
Distincións
editar- Premio Lope de Vega 1964 por Los Justicieros.
- Premio Foro Teatral 1973 á labor crítica.
- Premio de xornalismo Julio Camba polo artigo “La carcajada de Newton” (ABC).