Adolfo Merelles Martel
político galego
Adolfo Merelles Martel, nado en Madrid en 1883 e finado na mesma cidade o 16 de xaneiro de 1962[1], foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 16 de xaneiro de 1962 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Familia | |
Pai | Adolfo Merelles Caula ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Adolfo Merelles Caula, dono do Pazo de Porteliña en Beariz. Foi elixido deputado polo distrito de Ribadavia nas eleccións de 1910. Participou na Asemblea Agraria de Ribadavia (1912) e fundou en 1913 o periódico agrarista Heraldo de Galicia que dirixiu a finais dese ano. Promoveu o inicio das obras da estrada OU-213, que une San Cristovo con Beariz. Volveu ser candidato a deputado polo distrito de Ribadavia nas eleccións de 1914, 1916, 1920 e 1923, pero foi derrotado polo candidato conservador José Estévez Carrera que tiña o apoio de Gabino Bugallal Araujo.
Vida persoal
editarCasou con Carmen Eguiluz Ullibarri.