Adolf ou Adolfo Hohenstein, nado o 18 de marzo de 1854 en San Petersburgo e finado o 12 de abril de 1928 en Bonn, foi un pintor, ilustrador, escenógrafo e deseñador de vestiario alemán. Hohenstein foi un dos cartelistas máis coñecidos do seu tempo e está considerado un pioneiro do Modernismo en Italia. Canda Leonetto Cappiello, Giovanni Mario Mataloni, Leopoldo Metlicovitz e Marcello Dudovich, está considerado un dos cartelistas máis importantes de Italia, onde pasou un tempo.

Modelo:BiografíaAdolf Hohenstein

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1854 Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 1928 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Bonn, Alemaña Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgreja evangélica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, escenografía, litografía e break-away (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Milán
Altenessen (en) Traducir
Viena
Bonn
Düsseldorf
Tailandia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncartelista, litógrafo, pintor, deseñador gráfico, ilustrador, escenógrafo, diseñador de vestuario, deseñador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGiulio Ricordi Editar o valor en Wikidata
MovementoArt Nouveau Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables

WikiTree: Hohenstein-110
Cartaz da IV Esposizione Triennale di Belle Arti di Milano de 1900, deseñado por Adolf Hohenstein
Cartel de Hohenstein, 1905.

Biografía

editar
 
Cartel para La Bohème, 1896.

Hohenstein foi fillo de pais alemáns, Julius e Laura IRack, e naceu en San Petersburgo, daquelas, Imperio Ruso. Seu pai era un enxeñeiro de montes cuxo traballo lle obrigaba a viaxar intensamente. Máis tarde, a familia trasladouse a Viena, onde Adolf se criaría e completaría a súa educación. As súas viaxes levárono logo a India, onde traballaría decorando casas da clase alta local. En 1879 trasladouse a Milán, onde empezou o seu período máis creativo.

Foi nomeado deseñador de vestiario no Teatro alla Scala, así como tamén noutros teatros e óperas. Contratado como director de arte e deseños, realizando os carteis para as óperas La Bohème, Tosca e Madama Butterfly de Giacomo Puccini,[1] con quen traballou moi de cerca en varias ocasións. Tamén traballou na publicidade, facendo gráficos para a compañía de bebidas Campari e cousas para o xornal Corriere della Sera, así como postais e portadas de libros.

Nos primeiros anos dos 1900, tras casar con Katharina Plaskuda, unha viúva, viaxou máis frecuentemente entre Italia e Alemaña até 1906, ano no que deixou Milán definitivamente. Trasladouse a Alemaña, onde principalmente realizou a súa actividade como pintor. Entre 1909 e 1923, Hohenstein foi membro dunha asociación de artistas de Düsseldorf, estando asociado á Escola de pintura de Düsseldorf.

  1. "Un pionero del cartel: Adolf Hohestein (1854-1928)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

editar