Adela Muñoz Páez
Adela Muñoz Páez, nada en La Carolina (Xaén) en 1958, é unha química española especialista en espectroscopía de Absorción de Raios X (EXAFS) aplicada á caracterización de materiais.[1]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 ![]() La Carolina, España ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Química inorgánica, química, historia e biografía ![]() |
Ocupación | química, investigadora, escritora, profesora universitaria, ensaísta ![]() |
Empregador | Universidade de Sevilla ![]() |
Traxectoria
editarÉ catedrática de Química Inorgánica e profesora das facultades de Química e Física da Universidade de Sevilla. Foi vicedirectora do Instituto de Ciencia de Materiais de Sevilla de 1998 a 2010. Para o seu traballo de investigación traballou en fontes de radiación sincrotrón de Gran Bretaña, Xapón e España así como a fonte europea, ESRF, situada en Grenoble (Francia), nas cales fixo uso das Espectroscopías, EXAFS e XANES, para estudar a estrutura de sistemas amorfos. Publicou máis de 75 artigos en revistas internacionais, dirixiu varias teses doutorais e proxectos de investigación e formou parte de números comités de avaliación científica nacionais e internaciones, como a Comisión Nacional de Avaliación de Actividade Investigadora, (CNEAI) a Fonte Europea de Radiación Sincrotrón, ESRF, ou a instalación europea Láser de Electróns Libres, XFEL, en Hamburgo (Alemaña). Realizou estancias de investigación nas universidades de Eindhoven (Holanda), Oxford (GB) e Osaka (Xapón) e en centros de investigación de Mar da Prata (Arxentina), Lausana (Suíza) e no ESRF.
Nos últimos anos realiza tarefas de divulgación científica, publicando máis de cen artigos en prensa escrita e dixital e impartido máis de oitenta conferencias, nas que se ocupou fundamentalmente das mulleres científicas. Publicou os ensaios Da cicuta ao polonio (Debate, 2012), traducido ao polaco en 2014, A boa morte (Debate 2013), que trata sobre a eutanasia, e as biografías Marie Curie e Antoine Lavoisier (RBA, 2013 Grandes Ideas da Ciencia) traducidas ao italiano, francés, ruso e portugués dos que en conxunto se imprimiron máis de 150.00 exemplares. A biografía de Marie Curie foi reeditada por National Geographic e está á venda en librarías e en Amazon desde xaneiro de 2018. En febreiro de 2017 publicou SABIAS. A cara oculta da Ciencia, tamén con Debate e en xullo dese ano a edición flash de SABIAS na Segunda República española, que están a ter unha gran repercusión. Participou en máis de oitenta actos de presentación de ambos os libros desde a súa publicación e ten previstos varios máis. Desde 2008 mantén a web http://hypatia.es/, que recolle as súas actividades de divulgación científica.
En decembro de 2015 presentouse ás eleccións a reitora da Universidade de Sevilla Arquivado 25 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.. Desde febreiro de 2016 interpreta a Marie Curie nunha obra teatral dirixida a alumnos de primaria e secundaria, con grande éxito de público -24 representacións e máis de 6000 espectadores- e crítica -Premio Equitat da Universitat Oberta de Cataluña en maio de 2017-. En xaneiro de 2018 dedicáronlles unha reportaxe no programa Lab24h de TV2
En 2015 foille concedido o premio Meridiana do Instituto da Muller da Xunta de Andalucía pola súa traxectoria persoal e profesional.
Desde maio de 2017 publica un artigo mensual de divulgación científica no Xornal de Cataluña
Desde febreiro de 2018 é presidenta do nodo Andaluz da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, AMIT-A. Formou parte da ONG ASDHA, en defensa dos dereitos humanos en Afganistán, e desde 2015 forma parte da ONG Alianza pola Solidariedade que desenvolve proxectos de cooperación de axuda mulleres no Mediterráneo e Latinoamérica.
Obra
editarÉ coautora de máis de cen artigos en revistas científicas internacionais e artigos sobre mulleres científicas.[2]
- Marie Curie. Debate. 2020. ISBN 978-84176368-0-7
- Sabias. Debate. 2017. p. 368. ISBN 978-84-9992-702-2.
- Sabias na Segunda República. Flash Ensaio. 2017.
- Lavoisier. La química moderna. La revolución está en el aire. RBA. 2013. ISBN 978-84-473-7670-4.
- Marie Curie. La radiactividad y los elementos. RBA. ISBN 978-84-473-7645-2.
- Historia del veneno. De la cicuta al polonio. Debate. ISBN 978-84-9992-088-7.
- Lavosier. La nouvelle chimie. París. RBA.
- O segredo mellor gardado da materia. RBA. 2013. p. 152.
- A boa morte. Endebate. 2013. ISBN 9788499923246
Notas
editar- ↑ "Adela Muñoz Páez". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2017. Consultado o 08 de marzo de 2020.
- ↑ "Ficha personal - Adela Muñoz Páez".