Adamita
A adamita é un mineral constituído por arseniato de zinc de fórmula Zn2AsO4OH. Encóntrase habitualmente en zonas de oxidación ou humidade sobre menas de zinc. Habitualmente é de cor marela, pero tínxese de verde por inclusións de cobre.
Adamita | |
---|---|
Fórmula química | Zn2AsO4OH |
Clase | Arseniatos |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | Amarelo, verde, raramente branca e ocasionalmente púrpura |
Brillo | Diamantino |
Dureza | 3,5 |
Fractura | Concoidal |
Raia | De branca a verde clara |
Densidade | 4,4 |
A olivenita é un arseniato de cobre isoestrutural coa adamita, e existen casos de substitución entre zinc e cobre que permiten describir un mineral intermedio chamado cuproadamita. A estrutura tamén pode ser substituída por manganeso, cobalto ou níquel, e coñécese un mineral análogo, a tarbutita, constituído por fosfato de zinc.
A adamita recibe o seu nome do xeólogo francés Gilbert Joseph Adam (1795-1881), quen recolleu as primeiras mostras en Chañarcillo, no deserto de Atacama, Chile.
Principais depósitos
editarAplicacións
editarA adamita é un mineral sen importancia industrial, pero interesante desde o punto de vista científico e como mineral de colección.