Acoirazado España
O acoirazado España foi o primeiro dunha serie de tres acoirazados construídos por España a principios do século XX.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/6/61/Acorazado_Espa%C3%B1a.jpg/300px-Acorazado_Espa%C3%B1a.jpg)
Historia
editarOs tres acoirazados recibiron o nome xenérico do cabeza de serie, polo que se lles chamou os acoirazados España. As súas construcións tiveron lugar en Ferrol pola SECN (Sociedad Española de Construcciones Navales), foron os primeiros e os últimos acoirazados monocalibre construídos en España. Estes foron:
- Acoirazado España
- Acoirazado Alfonso XIII
- Acoirazado Jaime I
O acoirazado España empezouse a construír o 23 de febreiro de 1910, foi botado o 7 de maio de 1913 e entregado á Armada o 16 de agosto de 1915 á vez que o «España» e o «Jaime I», recibiu na súa botadura o nome de «Alfonso XIII», pero tras perderse o primeiro «España» en augas do Protectorado Marroquino en agosto de 1923, coa chegada da IIª República decidiuse rebautizalo co nome do seu xemelgo perdido.
Este buque de guerra, integrábase no proxecto máis ambicioso que coñeceu a frota naval española. Aínda que formaba parte de todo un plan de modernización dos arsenais de Ferrol, a súa lonxevidade e a súa traxectoria fan sombra tanto os seus xemelgos, o « España » e o « Jaime I », como ao resto dos buques que se coñeceron co mesmo fin. Buque de bela factura, a súa cuberta corrida tiña como únicas superestruturas a ponte de mando, unha gran cheminea situada na metade do casco e unha pequena ponte secundaria á popa.
Dimensións
editar- Eslora 139 m
- Manga 24 m
- Puntal 12,74 m
- Calado máx. 7,70 m
- Desprazamento a plena carga 16 450 TM
- Tripulación: 850 homes
Propulsión
editar- Potencia 20 000 CV (22 000 forzando caldeiras) 19,5 nós
- 12 caldeiras de vapor, Yarrow
- 4 turbinas, Parson
- 4 hélices
Protección
editar- Aceiro Krupp
- 230 mm na faixa baixa, 150 mm na media e 75 mm na faixa alta
- 100 mm e 50 mm nos extremos de proa e popa respectivamente
- 250 mm nas torres de groso calibre e posto de mando
- 75 mm de espesor as pranchas de protección das baterías medias
- 25 mm a 50 mm para a protección da cuberta
- Inicialmente, levaba 20 tangóns antitorpedo.
Armamento
editar- 8 canóns de 305 mm
- 20 canóns de 101 mm
- 2 canóns antiaéreos de 47 mm
- 2 pezas de desembarco de 70 mm
- 2 metralladoras Maxim.
Historial do ex-acoirazado Alfonso XIII
editarAs súas primeiras misións, do mesmo xeito que as do acoirazado España, foron basicamente de vixilancia das costas españolas durante a I guerra mundial; destinado habitualmente en Santander durante os meses de verán. En 1920 efectuou unha viaxe de boa vontade para mostrar o pavillón, con entrada na Habana onde tivo un gran recibimento, xa que era o primeiro barco de guerra español que visitaba Cuba logo da súa independencia - coa excepción do buque escola de vela Nautilus, que entrara en 1908. A continuación entrou en San Juan de Porto Rico onde tivo outro gran recibimento, e para rematar fíxoo en Nova York. En 1923, xunto co Jaime I realizou unha viaxe a Italia cos reis e Primo de Rivera a bordo.
Durante a guerra de Marrocos, en agosto de 1923 participou co acoirazado España no desembarco de Alfrau, e en 1925 participou co acoirazado Jaime I no desembarco de Alhucemas. Tamén tomou parte en viaxes oficiais dos reis a Marrocos, e estivo presente na gran concentración de barcos que tivo lugar en Barcelona no ano 1929 con motivo da Exposición Universal.
Historial baixo o nome do España coñecido como O Avó
editarTras varios anos de amarre e ao estalar a guerra civil española, O Avó, sobrenome co que popularmente era coñecido o España, atopábase no Ferrol como depósito de mariñeiria, foi tomado polas forzas sublevadas. Malia o seu mal estado o buque, foi alistado rapidamente para efectuar o bombardeo de posicións costeiras no Cantábrico.
O 19 de xaneiro de 1937 foi nomeado comandante do buque o capitán de navío Joaquín López Cortijo, quen será asistido como segundo polo capitán de corveta Pedro Neto Antúnez, este sería máis tarde, ascendido a almirante e que logo ocuparía o cargo de ministro baixo a ditadura.
O día 28 de abril recibe a orde de protexer ao destrutor Velasco o cal ten asignada a tarefa de proceder ao minado da baía bilbaína. A mañá do 30 avistaron un vapor - resultaría ser o británico Knitsley - intentando romper o bloqueo imposto polos nacionais para entrar en Santander. Ambos buques ao unísono puxeron proa ao intruso, pero a maior velocidade do destrutor pronto lle permitiu deixar atrás ao España. De súpeto, unha explosión puido oírse a varias millas á redonda seguida de inmediato polos gritos do serviola do destrutor Velasco alertando que O Avó chocou ao parecer cunha mina fronte a Santander que destruíu os dobres fondos do casco e abriu un gran burato.
O estrondo non só alertou ao Velasco que acudiu na súa axuda senón que tamén aos vixías de Cabo Mayor que fixeron eco do suceso na base aérea situada na Albericia. Os avións republicanos apremáronse a rematar o que o accidente provocara, con todo iso, case toda a tripulación foi evacuada, producíndose só cinco baixas.
Nunca se soubo se a mina fora instalada polos republicanos ou se se trataba dun artefacto propio arrastrado polas correntes, pero o ocorrido era que o acoirazado rozou unha mina submarina e esta, coa súa explosión, abrira un enorme burato no casco inundando con gran rapidez a sala de caldeiras e escorando o buque.
O España actualmente descansa mergullado a unhas tres millas ao norte do Cabo Galizano por fóra do Cabezo, a 75 m de profundidade, coa quilla ao sol.
Tres versións do naufraxio
editarÁs once menos vinte da mañá do 30 de abril de 1937, o España vaise a pique mentres participaba co destrutor Velasco no bloqueo do porto de Santander, controlado polos republicanos. Máis de oitenta anos despois, o motivo real do seu afundimento aínda xera controversias.
- A oficial
Unha carga explosiva fondeada días antes polo minador Júpiter causou o afundimento. Este produciuse cando o España acudía a interceptar ao cargueiro inglés Knitsley, que navegaba rumbo a Santander pola zona minada. Trala explosión, afundiuse en menos de tres horas.
- A republicana
Foi a tripulación do barco, ao mando do segundo comandante Pedro Neto Antúnez, a que ao iniciar unha manobra para repeler o ataque aéreo republicano estampou o barco contra unha mina. Miguel Zambudio pilotaba un deses avións que acosaba ao barco do bando nacional.
- E a do «heroe»
O piloto republicano Antonio García Borrajo sempre se reclamou el só o éxito. Segundo a súa versión, foi un proxectil lanzado por el desde un avión Gourdou Leseurre GL-32 o que tradeou a cuberta do acoirazado e provocou o seu afundimento, pero a maioría das testemuñas dubidan desta versión.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acoirazado España |
Bibliografía
editar- Alcofar Nassaes, José Luis (1976). La marina italiana en la guerra de España (en castelán). Editorial Euros. ISBN 8473640519.
- Alvarez, Jose (2001). The Betrothed of Death: The Spanish Foreign Legion During the Rif Rebellion, 1920–1927. Westport: Greenwood Press. ISBN 978-0-313-07341-0.
- Beevor, Antony (2000) [1982]. The Spanish Civil War. Londres: Cassell. ISBN 978-0-304-35281-4.
- Fernández, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia: 1936–1939 [Uprising and Civil War in Galicia: 1936–1939] (en castelán). A Coruña: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-8485-263-6.
- Fitzsimons, Bernard (1978). "España". The Illustrated Encyclopedia of 20th Century Weapons and Warfare 8. Milwaukee: Columbia House. pp. 856–857. ISBN 978-0-8393-6175-6.
- Garzke, William; Dulin, Robert (1985). Battleships: Axis and Neutral Battleships in World War II. Annapolis: Naval Institute Press. ISBN 978-0-87021-101-0.
- Heaton, Paul Michael (1985). Welsh Blockade Runners in the Spanish Civil War. Risca: Starling Press. ISBN 978-0-9507714-5-8.
- Moreno de Alborán y de Reyna, Salvador (1998). La guerra silenciosa y silenciada: historia de la campaña naval durante la guerra de 1936–39 [The Silent and Silenced War: History of the Naval Campaign During the War of 1936–39] (en castelán) 3. Madrid: Gráficas Lormo. ISBN 978-84-923691-0-2.
- "Reina Mercedes". 23 de setembro de 2005. Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- Rodríguez González, Agustín Ramón (2018). "The Battleship Alfonso XIII (1913)". En Taylor, Bruce. The World of the Battleship: The Lives and Careers of Twenty-One Capital Ships of the World's Navies, 1880–1990. Barnsley: Seaforth Publishing. pp. 268–289. ISBN 978-0-87021-906-1.
- Sturton, Ian (1985). "Spain". En Gardiner, Robert; Gray, Randal. Conway's All the World's Fighting Ships: 1906–1921. Londres: Conway Maritime Press. pp. 375–382. ISBN 978-0-85177-245-5.