Acambay
Acambay é un concello do Estado de México, en México. Limita ao norte co estado de Querétaro e o concello de Aculco, ao leste con Aculco e Timilpan, ao sur con Timilpan, Atlacomulco e Temascalcingo e ao oeste con Temascalcingo e co estado de Querétaro. A súa área é de 465,70 km², e a súa poboación era de 60 918 habitantes no 2010.[1] A cabeceira municipal é Acambay de Ruiz Castañeda.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Estado de México ![]() | ||||
Capital | Acambay (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 46.447 km² ![]() | ||||
Altitude | 2.557 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | acambay.gob.mx ![]() |
Topónimo
editarAcambay identifícase co nome na lingua otomí de Kambay'e. O seu actual nome provén do otomí e significa "lugar do petouto de Deus".[2]
Política e goberno
editarO concello está formado por unha xunta. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.
Alcaldes
editarAlcalde | Período[2] |
---|---|
Fernando Valentín Valencia | 2003-2006 |
Ariel Peña Colín | 2006-2009 |
Salvador Navarrete Cruz | 2009-2012 |
Irineo Ruíz González | 2012-2015 |
Ma. del Carmen Magdalena Peña Mercado | 2015-2018 |
Demografía
editarParroquias | Poboación |
Total do concello | 60 918[1] |
Pueblo Nuevo | 4 422 |
Acambay de Ruiz Castañeda | 4 077 |
Detiña | 2 453 |
Ganzda | 2 433 |
San Francisco Shaxni | 2 211 |
San Pedro de los Metates | 2 048 |
Puntecitas | 1 851 |
Tixmádeje Chico | 1 377 |
La Caridad | 1 340 |
Santa María la Loma | 1 274 |
Boshindo | 1 153 |
Santa María Tixmádeje | 1 152 |
Doxteje | 1 121 |
Pathé | 1 114 |
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de San Miguel en Acambay.
-
Igrexa da Candelaria.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Concello de Acambay Arquivado 20 de novembro de 2016 en Wayback Machine., SEDESOL, 28 de novembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Concello de Acambay Arquivado 09 de outubro de 2016 en Wayback Machine., INAFED, 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Concello de Acambay INEGI, 2009.