Abril Pérez
Abril Pérez (ou Abril Peres)[1] foi un xograr compostelán da primeira metade do século XIII.[2]
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarTradicionalmente identifícaselle co nobre portugués Abril Peres de Lumiares falecido en 1245.[3] Porén, estudosos como António Resende de Oliveira, identifícano cun xograr documentado en Lisboa en 1221 ou cun burgués de Santiago de Compostela, irmán do cóengo Abril Fernández, que aparece nun documento de 1269.[1]
Obra
editarTan só se coñece unha composición súa, unha tenzón con Bernal de Bonaval na cal se compara o valor das súas respectivas donas e aparece no folio 227v do códice da Biblioteca Nacional de Lisboa.[4]
Tenzón
editar- Abril Peres, muit'hei eu gram pesar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-01-27.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-02-22.
- ↑ "Bernal de Bonaval | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-02-09.
- ↑ "B_490". Consultado o 2021-01-27.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- López Ferreiro, A.. Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela.
- Mariño, Luís: "Abril Perez" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.