Abrasión (xeoloxía)
Denomínase abrasión (do lat. abradĕre, "raer") á acción mecánica de rozamento e desgaste que provoca a erosión dun material ou tecido.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Grinding_the_sparks.jpg/200px-Grinding_the_sparks.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/ed/MonumentoNaturalLaPortada%284%29.jpg/200px-MonumentoNaturalLaPortada%284%29.jpg)
Características
editarEn xeoloxía, a abrasión mariña é o desgaste causado a unha roca pola acción mecánica da auga cargada por partículas procedentes dos derrubios. É importante, sobre todo, na formación de costas abruptas. Batidas polo mar, estas retroceden e as pedras desprendidas do cantil, arrastradas con movementos de vaivén polas ondas, tallan ao pé do mesmo unha plataforma de abrasión que descende con lixeira pendente cara ao mar.
A abrasión glaciar é a erosión do leito dun glaciar polos materiais sólidos inclusos no xeo e arrastrados polo mesmo; cando se trata de grans finos, chamados fariña glaciar, a roca da canle adquire co tempo un pulimento glaciar.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar