Abraham Pérez
Abraham Pérez, nado en Lugo en 1990, é un escritor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1990 ![]() Lugo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarGraduado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, e máster de Filosofía: Coñecemento e cidadanía, pola mesma Universidade. Cursou estudos de guionista en Madrid.[1] Colaborou nas publicacións Revista Détour, Drugstore Magazine e Cuatro Ojos Magacín e no programa O Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro. Varios dos seus poemas apareceron en Grial, Luzes, Dorna, Xistral ou Tr3sreinos, algúns dos cales foron traducidos ao portugués e o castelán.[2]
En decembro de 2020 obtivo o segundo premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba coa obra unha teoría para os espectros.[3] E en 2021 a súa obra toxicidade foi 2º premio na categoría F do Certame de Poesía Francisco Añón.[4] Ademais, no ano 2022 foi un dos artistas seleccionados para desfrutar dunha das bolsas de investigación na escrita da Residencia Artística Mariñán que se levan a cabo no Pazo de Mariñán, asemade foi finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega. No 2023 foi seleccionado para a Residencia Literaria da Illa de San Simón. Forma parte do grupo poético Lupercais.
Ten participado en numerosos recitais, así como realizado intervencións nas que mestura literatura, pensamento filosófico e arte conceptual para museos e galerías de arte. É membro da AELG.
Obra
editarEn galego
editarDiario
- Gaivotas manchadas de petróleo (2024). A Coruña: Menino Morreu.
Ensaio
editar- Sacho de seda (2023). A Coruña: Menino Morreu. ISBN 9788419344076.
Narrativa
editar- O paso en falso (2023). Vigo: Galaxia, col. Literaria. 178 páxs. ISBN 978-84-1176-153-6.[5]
Poesía
editar- Fragmento / Creba (2020). Vigo: Galaxia. 170 páxs. ISBN 978-84-9151-465-7.
- Unha teoría para os espectros (2021). Noia: Editorial Toxosoutos.
- O corpo transparente das horas (2022). Vigo: Galaxia, col. Dombate. 138 páxs. ISBN 978-84-9151-807-5.
Obras colectivas
editar- XXV Certame Francisco Añón de Poesía (2022). Concello de Outes.
- Lupercais (Unha antoloxía posible) (2023). Chan da Pólvora Editora.
- Rosalia no barrio (2024). Solaina.
- Esa tépeda luz das Mariñas (2024). Deputación da Coruña.
Traducións
editar- Labirintos e fronteiras, de Paulo Chagas (2022). Amargord. Edición bilingüe portugués-castelán xunto con Luís Valle e Miguel Ángel Curiel.
En castelán
editar- Esferas (2017). Ediciones Oblicuas. ISBN 978-84-16967-19-3. (relatos).[6]
- Materiales básicos de la carencia (2018). Ediciones en Huida. ISBN 978-84-17502-05-8. (poesía).[7]
Premios
editar- 2º Premio no III Certame de poesía Torre de Caldaloba pola obra unha teoría para os espectros (2020).
- Accésit no XXV Certame de poesía Francisco Añón pola obra toxicidade (2021).
- Finalista do Premio Literario Illa Nova de Narrativa por O paso en falso (2022).
- Finalista no XXXIV premio Torrente Ballester en lingua galega por O paso en falso (2022).
Notas
editar- ↑ "Editorial Galaxia Abraham Pérez". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2021. Consultado o 2022-06-03.
- ↑ "Abraham Pérez". Ediciones en Huida (en castelán). Consultado o 2022-06-03.
- ↑ "Obras gañadoras do III Certame de Poesía Torre de Caldaloba". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2020. Consultado o 16 de febreiro de 2021.
- ↑ "Resolución do premio na web do Concello de Outes". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2021. Consultado o 18 de maio de 2021.
- ↑ Viñas Romar, Paula (Abril, maio, xuño 2024). "Retrato dun artista postadolescente". Grial LXII (242): 82, 83. ISSN 0017-4181.
- ↑ Presentación en Lugo del libro: Esferas, de Abraham Pérez
- ↑ Presentación de libro: Materiales básicos de la carencia, en Lugo