Abeto branco
O abeto branco, a pinabeta[3], o abeto prateado ou o abeto común (Abies alba), é unha especie arbórea da familia das pináceas, orixinaria das rexións montañosas de Europa. De porte piramidal, tamaño medio ou elevado, entre 20 e 50 metros, pode acadar os 60 metros de altura, o seu toro é dereito, desprovisto de pólas na súa parte inferior, de até 6 metros de circunferencia, con casca de cinsenta a abrancazada, lisa e con vesículas resinosas; escurécese enchéndose de fendas nos exemplares máis vellos.
Abeto branco | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Abies alba Mill., 1768 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Sinónimos ambiguos:
|
En Galicia non aparece de xeito salvaxe, atopándoo só rara vez coma ornamental en arboredos e xardíns urbanos.
Características
editarÉ unha árbore perennifolia, de follas lineais de 1,5 a 3 cm, planas, solitarias, non punzantes, dispostas en dúas fileiras grosas con dúas liñas abrancazadas na parte inferior (característica moi peculiar); xemas non resinosas. As súas pólas dende o chan son case horizontais. Estróbilos erectos entre 10 e 20 cm con escamas tectrices.
Floración
editarFlorea durante a primavera de abril a xuño. Os conos chegan no outono a seguir. As flores divídense en conos femininos (as piñas ou estróbilos) e en conos masculinos (onde se atopa o pole).
Hábitat
editarNas abas avesías das montañas, principalmente sobre os solos frescos e fondos, tanto nos ricos coma nos pobres de cal, con óptimo entre os 700 e 1800 metros de altitude, mais acadando con frecuencia os 2000 m. Cómpre dun clima húmido, con seca estival non moi acusada, prexudicándolle moito as xeadas serodias. Asóciase ás formacións de faias e tamén a algúns piñeiros de montaña coma o piñeiro rubio, ou o Pinus radiata.
Distribución
editarNo norte e centro de Europa, e nalgunhas áreas montañosas do sur do continente; na Península Ibérica desenvólvese na zona norte, especialmente nos Pireneos, atopándose as súas masas máis importantes nas provincias de Navarra, Huesca, Lleida, Barcelona e Xirona. Acada o seu límite máis meridional no Montseny e na Serra de Guara.
Non aparece nas montañas galegas por mor á escasa altitude das mesmas. Atopamos algúns exemplares illados nos arboredos e xardíns do país.
Observacións
editarO nome científico deste abeto, alba, alude sen dúbida á cor abrancazada da súa casca rica en taninos.
Considérase unha especie silvícola. A madeira é branca, lene, pouco resinosa, doada de traballar, e moi empregada na construción, en ebanistaría fina, para a confección de instrumentos musicais coma órganos e na fabricación de papel. A casca é rica en taninos.
A trementina, que se obtén de vexigas corticais, é un líquido de cheiro resinoso e sabor algo agre, que os romanos chamaron lacryma abietis e que gozou de gran sona coma balsámico e vulnerario. Sen tratar coñécese co nome de resina e utilízase para calafetar as naves.
Recoñecemento
editarBaseamento da folla non decorrente (pegada limpa ao arrincarmos a folla, eixos das poliñas dondos), inserción do pecíolo circular (e que non sobresae da superficie da poliña, liso). Follas normalmente escotadas no ápice, de sección aplanada, longas, verde escura. Piñas erectas de escamas caedizas e brácteas tectrices das mesmas saíntes.
Propiedades
editarTen propiedades semellantes ás dos piñeiros. As xemas son ricas en resina, e as súas esencias principais son o limoneno e o alfa pineno. As follas presentan unha notábel cantidade de esencias, ademais de glicósidos e piceína. A casca é rica en taninos e flobaceno. A resina ademais de ser rica en trementina, ten certa cantidade de ácido abietínico.
- Por vía interna utilízase como balsámico e pectoral xa que ten propiedades anticatarrais, antigripais e diuréticas. A infusión tómase a razón de catro cuncas diarias.
- Por vía externa, é cicatrizante e resolutivo se se aplicar sobre feridas e tumores.
- Por vía externa como fricción, a súa esencia de trementina actúa como remedio contra as dores reumáticas.
- Utilízase coma desinfectante doméstico. Porén debe utilizarse con tento, xa que a esencia do abeto produce nalgunhas persoas fenómenos alérxicos.[4]
Véxase tamén
editarReferencias
editar- ↑ Conifer Specialist Group. "Abies alba". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Sinónimos en Catalogue of life
- ↑ Nome preferido por Termos esenciais de Botánica da Comisión de Normalización Lingüística da Escola politécnica Superios de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela
- ↑ Dr.Berdoces i Serra. Enciclopedia de Plantas Medicinales ISBN 84 305 8496-X
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Abeto branco |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Abeto branco |