Abanqueiro Sociedade Deportiva
O Abanqueiro Sociedade Deportiva é un equipo galego de fútbol fundado en 1985 na parroquia de Abanqueiro (Boiro). Xoga como local no campo da Charca.
Abanqueiro S.D. | |||
---|---|---|---|
Nome | Abanqueiro Sociedade Deportiva | ||
Fundación | 1985 | ||
Estadio | A Charca, Abanqueiro | ||
Inauguración | 1986 | ||
Capacidade | 700 afeccionados | ||
Presidente | ![]() | ||
Liga | Terceira Autonómica de Galicia | ||
2010-11 | 2º | ||
Vestimenta | Rasan | ||
Patrocinador | Rio Blanco | ||
Na rede | |||
http://www.abanqueirosd.com | |||
| |||
O equipo de afeccionados xoga na Terceira Autonómica de Galicia, e en total conta con catorce equipos e máis de 250 deportistas: un equipo de veteranos (1ª División), un equipo de Xuvenís (2ª Autonómica), un equipo de Cadetes (1ª Autonómica), dous equipos de Infantís (Liga Galega e 2ª Autonómica), tres equipos de Alevíns (1ª Autonómica), dous equipos de Benxamíns (1ª Autonómica) e tres equipos de Prebenxamíns (liga local de Boiro e liga de fútbol 8 da Delegación de Santiago de Compostela da Federación Galega de Fútbol).
Historia
editarDebuta en partido oficial en setembro de 1985 na categoría de 2ª Autonómica. Ese ano disputa os seus partidos como local no campo de Valiño-Cabo de Cruz. O 19 de outubro de 1986 inaugurouse o campo de fútbol da Charca, onde xoga na actualmente. Nas seguintes temporadas foi progresando o club e uns anos despois creouse outro equipo na categoría xuvenil. Porén, en 1993 estivo a piques de desaparecer por mor da dimisión do presidente, encargándose algúns socios da xunta directiva.
Torneo Internacional F7
editarO equipo organiza un torneo das categorías benxamín e alevín, que conta coa participación das mellores escolas galegas de fútbol, como o Deportivo da Coruña ou o Celta de Vigo. O primeiro ano, en 2007, disputouse na Charca, e nas seguintes edicións nas instalacións municipais de Vista Alegre.