Abaý Qunanbaýulı
Abai (Ibrahim) Qunanbaiuli (en kazako Абай - Ибраһим - Құнанбайұлы), nado en Karauyl o 10 de agosto de 1845 e finado na mesma localidade o 6 de xullo de 1904, foi un poeta, compositor e filósofo kazako, loitou por adaptar a cultura kazaka seguindo o modelo europeo e ruso sobre a base dun islam reformador e está considerado o pai da literatura escrita kazaka.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (kk) Абай Құнанбайұлы ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (kk) Ибраһим Құнанбайұлы ![]() 29 de xullo de 1845 (Xuliano) ![]() Jidebai, Kazakhstán ![]() |
Morte | 23 de xuño de 1904 (Xuliano) ![]() Jidebai, Kazakhstán ![]() |
Lugar de sepultura | Mausoleum of Abai Qunanbaiuly (en) ![]() ![]() |
Grupo étnico | Pobo kazako ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, literatura, poesía e música ![]() |
Ocupación | lingüista, figura pública, escritor, compositor, poeta, tradutor, filósofo ![]() |
Alumnos | Kokbai Janataiuli (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Dilda Alshinbayovna ![]() |
Fillos | Akylbai Abayuly Kunanbaev, Kulbadan Abayovna, Abdirakhman Uskenbaev, Magauiya Abayuly Kunanbaev, Raikhan Abayovna, Turagul Abaiuli ![]() |
Pais | Kunanbai Uskenbayuly ![]() ![]() |
Irmáns | Kudaiberdi Kunanbayuly ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:1 : А — Ангоб, sec:Абай Кунанбаев, p.10) Concise Literary Encyclopedia (en) ![]() ![]() Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Traxectoria
editarNado nunha familia da aristocracia kazaka, comezou a estudar nunha madrasa tradicional onde recibiu unha formación islámica tradicional, pasando despois a unha escola rusa en Semipalatinsk, quedando moi influído polas obras de Mikhail Lermontov e Alexander Pushkin.
Obra
editarA principal contribución de Abai á cultura kazaka foi a súa poesía, onde expresa un sentimento nacionalista que bebe da cultura tradicional, antes del a maioría da poesía kazaka era oral, que reflectía os hábitos nómades dun pobo que habitaba as duras estepas. Pero durante a vida de Abai producíronse importantes mudanzas sociais, políticas e económicas que comezou a alterar a vida tradicional do pobo, a influencia rusa continuou a medrar en Kazakhstán, aumentando tamén as posibilidade de acceder a unha educación formal e achegarse ás diferentes filosofías que traían os europeos.
E nese clima Abai traduciu ao kazako as obras de autores como Mikhail Lermontov, Johann Wolfgang von Goethe, Lord Byron, as fábulas de Ivan Krylov e Alexander Pushkin. Pero a súa principal obra foi қара сөздері (‘’Qara sözderi’’, literalmente “O libro das palabras”) un tratado filosófico e unha colección de poemas onde alenta ao seu pobo a abraza a educación, a alfabetización e unha boa moral para fuxir da pobreza, a escravitude e a corrupción.