A rosa incandescente
A rosa incandescente é unha curtametraxe de 2021, dirixida por David Vázquez Vázquez, con guión de Anxos García Fonte e interpretada por Alba López.
A rosa incandescente | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | David Vázquez Vázquez |
Produtor | Anxos García Fonte |
Guión | Anxos García Fonte |
Música | Tamara Lorenzo |
Fotografía | Bruno Máez |
Duración | 27 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Curtametraxe |
Mostra a Rosalía de Castro[1], a vida da escritora falando do seu proceso creativo no momento de publicar o seu primeiro ensaio, Lieders.[2]
Características
editarRodouse no mes de xullo de 2021 no Pazo de Sabadelle e a súa contorna. Presentouse por primeira vez en formato de curtametraxe de 27 minutos no Auditorio Municipal de Chantada o 26 de febreiro de 2022.[3]
Segundo a guionista:
o filme quere achegarnos unha Rosalía de Castro cercana e directa que nos conta ela mesma algúns dos aspectos fundamentais da súa obra: a paixón pola literatura oral, o compromiso co seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, a análise económica e social do seu tempo e, por suposto, as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora. Rosalía é a mesma rosa incandescente de intelixencia, sensibilidade e paixón polo que fai.[4]
Anxos García Fonte en colaboración con Glafira Fernández-Campoamor desenvolveron nun proxecto didáctico sobre o filme, Encanta se ri, conmove se chora [5] dixital e en papel[6]
Colaboradores
editar- Director: David Váquez Vázquez
- Director asistente: Diego Rubio
- Guión e idea orixinal: Anxos García Fonte
- Produción: Anxos García Fonte e Pinancho Audiovisuais
- Director de fotografía: Bruno Máez
- Música orixinal: Tamara Lorenzo
- Vestiario: Ana Gesto
- Son directo: David Lagares
- Directora de arte: Alicia Fernández e Ana Gesto
- Caracterización e make-upp: Lara Naveiro e Susana Bello
- Póster e fotos de Rosalía: Bruno Máez
- Efectos: Juanpa Ameiros
- Deseño de visualización: Ana de Vit
- Catering e loxística: Pazo de Sabadelle, Juan Manuel Rubio, Xosé Bello Arias, David Otero (Piquelo)
- Escenarios: Pazo de Sabadelle, parroquia de Sabadelle, Concello de Chantada, Ría de Ortigueira
- Patrocina: Concello de Chantada
- Colabora: Pinancho@Audiovisuias, Casa de Rosalía
Elenco
editar- Rosalía de Castro: Alba López
- Serventa: Anxo García Fonte
- Labrega na lareira: Xoana Arias
- Labrego na lareira: Chicho Carballido
- Rapaza: Arixa Otero
- Rapaz: Brigo Otero
- Lavandeira 1: María Ratón
- Lavandeira 2: Susi Gesto
Premios
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Diario, Nós (2022-09-28). "Anxos García Fonte: "Que ten Jean Austen que non teña Rosalía? Un traballo audiovisual que chegou a todo o mundo"". Nós Diario. Consultado o 2022-09-28.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-02-20). "'A rosa incandescente' revive a Rosalía". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-09-28.
- ↑ "Estreno en Chantada del corto «A rosa incandescente»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-02-21. Consultado o 2022-09-28.
- ↑ "A rosa incandescente". www.udc.es. Consultado o 2022-09-28.
- ↑ "Encanta se ri, conmove se chora". www.arosaincandescente.gal. Consultado o 2022-09-28.
- ↑ García Fonte, Anxos; Fernández-Campoamor, Glafira (1921). Encanta se ri, conmove se chora. Edición de autor. ISBN 978-84-09-34913-5.