A mosca (filme de 1986)
A mosca (en inglés: The Fly) é un filme estadounidense de ciencia ficción e terror dirixido e coescrito por David Cronenberg que se estreou en 1986. Foi producido por Brooksfilms e distribuído por 20th Century Fox, e está protagonizado por Jeff Goldblum, Geena Davis e John Getz. Está vagamente baseado na historia curta de George Langelaan, e conta a historia dun excéntrico inventor, que despois dun experimento errado, comeza a converterse paseniño nunha criatura híbrida cunha mosca. A banda sonora foi composta por Howard Shore e os efectos de maquillaxe son obra de Chris Walas, xunto co artista Stephan Dupuis.
A mosca | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Fly |
Director | David Cronenberg |
Produtor | Stuart Cornfeld |
Guión | Charles Edward Pogue David Cronenberg |
Baseado en | The Fly de George Langelaan |
Intérpretes | Jeff Goldblum Geena Davis John Getz |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Mark Irwin |
Montaxe | Ronald Sanders |
Estudio | Brooksfilms SLM Production Group |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | ![]() |
Duración | 96 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Ciencia ficción, terror |
Orzamento | $9 000 000[1] |
Recadación | $60 600 000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O filme foi estreado o 15 de agosto de 1986, e tivo unha grande acollida de público e audiencia, que louvaron os efectos especiais e a interpretación de Goldblum. Recadou $40,4 millóns nos cines cun orzamento de $9 millóns, converténdose no meirande éxito comercial da carreira de Cronenberg. O traballo de Walas e Dupuis valeulles un Oscar á mellor maquillaxe na 59ª edición dos Oscar, o único filme dirixido por Cronenberg en gañar un Oscar. A súa secuela, dirixida por Walas, foi estreada en 1989.
Personaxes
editar- Jeff Goldblum como Seth Brundle
- Geena Davis como Veronica "Ronnie" Quaife
- John Getz como Stathis Borans
- Joy Boushel como Tawny
- Leslie Carlson como Dr. Brent Cheevers
- George Chuvalo como Marky
- David Cronenberg como xinecólogo
Notas
editar- ↑ Aubrey Solomon, Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History, Scarecrow Press, 1989 p260
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- A mosca na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)