A morte de Frank González
A morte de Frank González é unha novela de Xosé Fernández Ferreiro, publicada en 1975 en Ediciós do Castro con ilustracións e capa de Luís Seoane. Foi a primeira novela do oeste en lingua galega. En 1998 Edicións Xerais realizou unha segunda edición.
A morte de Frank González | |
---|---|
Autor/a | Xosé Fernández Ferreiro |
Ilustrador/a | Luís Seoane |
Orixe | ![]() |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Narrativa; novela do oeste |
Editorial | Ediciós do Castro |
Data de pub. | 1975 |
Formato | Rústica cosida a fío. Tapa branda |
Páxinas | 92 |
ISBN | ISBN 9788485134648 |
Seguido por | Morrer en Castrelo do Miño |
[ editar datos en Wikidata ] |
Como o propio autor explica nun texto introdutorio, é un texto sen maiores pretensións, escrito nunha noite de insomnio. Enmarcábase nun proceso de dotar a lingua galega de lectorado novo por medio dunha literatura popular que incorporase a novela de xénero. É unha novela sinxela e curta sen gran desenvolvemento dos personaxes.
Trama
editarNun día de treboada no oeste dos Estados Unidos de América, preto da fronteira con México, un grupo de xente ponse a falar de Frank González, personaxe arredor de quen circulan diversas lendas. Hai quen di que foi un vaqueiro, asaltador de trens, sheriff e mesmo frade. Dise tamén que tivo un irmán e un sobriño, e que estivo casado. Seica houbo tamén quen se fixo pasar por el, e sobre del e as súas vivencias hai varias cantigas.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |