A impaciencia do corazón
novela de Stefan Zweig
A impaciencia do corazón[1][2] (en alemán: Ungeduld des Herzens) é unha novela escrita en lingua alemá polo austríaco Stefan Zweig e publicada en 1939.
A impaciencia do corazón | |
---|---|
Título orixinal | Ungeduld des Herzens |
Autor/a | Stefan Zweig |
Orixe | Alemaña |
Lingua | Alemán |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | S. Fischer Verlag![]() |
Data de pub. | 1939![]() |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 450 |
ISBN | ISBN 978-84-948805-8-2 |
Tradución | Rosa Marta Gómez Pato |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi traducida ó galego por Rosa Marta Gómez Pato[3] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2018.[1]
Trama
editarO tenente Anton Hofmiller é convidado á mansión do húngaro Lajos von Kekesfalva. Alí coñecerá a súa filla Edith, lisiada e confinada a estar en cadeira de rodas. O mozo experimenta por ela unha intensa compaixón e, en certa medida, alimenta un amor que el mesmo non corresponde. Cando Edith se decata da falsidade nos sentimentos del, suicídase. Co peso da culpa, Hofmiller acode á fronte da primeira guerra mundial, onde dá nun heroe aos ollos dos demais.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 A impaciencia do corazón. Traducido por Rosa Marta Gómez Pato (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2018. ISBN 978-84-948805-8-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Novidade (25): A impaciencia do corazón, de Stefan Zweig, Caderno da crítica, 9 de outubro de 2018
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 58. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.