A dama de Shangai
A dama de Shangai (en inglés: The Lady from Shanghai) é un filme estadounidense de 1947 dirixido por Orson Welles e protagonizado por Welles, Rita Hayworth e Everett Sloane.[2] Baséase na novela If I Die Before I Wake de Sherwood King.
A dama de Shangai | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Lady from Shanghai |
Director | Orson Welles |
Produtor | Orson Welles |
Guión | Orson Welles |
Baseado en | If I Die Before I Wake Raymond Sherwood King |
Intérpretes |
|
Música | Heinz Roemheld |
Fotografía |
|
Montaxe | Viola Lawrence |
Estudio | Mercury Productions |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 24 de decembro de 1947 14 de abril de 1948 20 de maio de 1995 (TVG) |
Duración | 88 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Cinema noir |
Recadación | 1 564 609 entradas (Francia)[1] |
Na rede | |
Malia que nun principio recibiu valoracións dispares, gañou consideración co paso dos anos, e moitos críticos eloxiaron o seu deseño de escenarios e o traballo de cámara. En 2018, foi escollido para a súa conservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[3][4]
Estreouse subtitulado en galego o 20 de maio de 1995 na TVG.[5][6]
Sinopse
editarMichael O'Hara coñece a encantadora Elsa Bannister, á que salva pouco despois dun asalto. Casada cun rico avogado sen escrúpulos, coxo e de volta a Shanghai, Elsa embarca a Michael no iate do seu marido. O'Hara namórase dela baixo a mirada indiferente do seu marido e George Grisby, avogado asociado de Bannister, aproveita unha escala para facerlle unha proposta singular: matar un home sen risco por unha gran cantidade de diñeiro co argumento de que non se pode procesar mentres a policía non atope o corpo da vítima.
Personaxes
editar- Rita Hayworth como Elsa "Rosalie" Bannister
- A voz de canto foi dobrada por Anita Kert Ellis
- Orson Welles como Michael O'Hara
- Everett Sloane como Arthur Bannister
- Glenn Anders como George Grisby
- Ted de Corsia como Sidney Broome
- Erskine Sanford como xuíz
- Gus Schilling como "Goldie" Goldfish
- Carl Frank como fiscal do distrito Galloway
- Louis Merrill como Jake
- Evelyn Ellis como Bessie
- Harry Shannon como condutor de taxi
- Errol Flynn como home fóra da cantina (sen acreditar)
- Philip Morris como Port Steward/Officer Peters (sen acreditar)
- Edward Peil Sr. como garda (sen acreditar)
Na cultura popular
editar- No filme de Sergio Leone Houbo unha vez en América (1984), a personaxe de Robert De Niro Noodles agóchase nun teatro chinés, fronte a un fumadoiro de opio, unha alusión a unha escena en que a personaxe de Orson Welles se agocha nun teatro chinés para eludir a lei.
- No filme Ghostbusters II (1989), Rick Moranis, Annie Potts e Sigourney Weaver están vendo A dama de Shanghai na televisión do apartamento da personaxe de Bill Murray. Moranis e Potts discuten sobre as relacións entre Welles e Hayworth.
- O filme de Woody Allen Misterioso asasinato en Manhattan (1993), filme negro cómico, inclúe un tributo ao filme, cun clímax en que hai un enfrontamento detrás da pantalla dun cinema en que se proxecta A dama de Shanghai.
- No filme de Jim Jarmusch The Limits of Control (2009), a personaxe de Tilda Swinton di que o filme non ten sentido.
- A escena climática do salón dos espellos entrou como un tropo no cinema e foi replicada innumerables veces en filmes e na televisión.[7][8]
Notas
editar- ↑ Orson Welles box office information in France at Box Office Story
- ↑ "The 100 Best Film Noirs of All Time". Paste. 9 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2015. Consultado o 9 de agosto de 2015.
- ↑ "National Film Registry Turns 30". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2020-11-18.
- ↑ "Complete National Film Registry Listing | Film Registry | National Film Preservation Board | Programs at the Library of Congress | Library of Congress". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 USA. Consultado o 2020-11-18.
- ↑ Versión en galego (ed.). "A dama de Shangai na TVG, por Versión en galego". Consultado o 31 de xullo de 2021.
- ↑ ABC (ed.). "Hemeroteca: A dama de Shangai na TVG". Consultado o 31 de xullo de 2021.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 2019-07-01. Consultado o 2019-07-01.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 2019-07-01. Consultado o 2019-07-01.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A dama de Shangai |
Ligazóns externas
editar- A dama de Shangai na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)