A cebada na cultura popular galega
A cebada ou orxo.
Á besta comedora, pedras na cebada [ 1] .
A burro morto, cebada ó rabo .
A burro vello, a millor cebada e o pior aparello .
A cabalo morto, cebada ó rabo [ 2] .
A cabalo vello, pouca ferraia e moita cebada [ 2] .
A cebada, na lameira; o trigo, na poeira [ 3] .
A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón [ 4] .
Asno morto, a cebada ó rabo .
Besta sen cebada, nunca fixo boa cabalgada [ 1] .
Burro vello tamén quer a súa cebada .
cabalo morto, cebada ó rabo [ 5] .
Cebada, a que eu quixere; e trigo, o que Dios me dere [ 3] .
Cebada do día non fai andar a cabalaría [ 6]
Cebada do día non fai andar moito á cabalaría .
Cebada e regalo fan o bo cabalo [ 3] .
Cebada enriba de esterco, agárdaa certo; e se o ano é mollado, perde coidado [ 3] .
Cebada, pra marzo; leña, pra abril, e trigo, pra maio [ 3] .
Dou ó demo a besta que non gana a cebada [ 1] .
Febreiro, cebadeiro [ 7] .
O que en agosto e setembre non dá cebada, en San Xoán non fai xornada [ 8] .
O que en agosto non dá cebada, en San Xoán non fai xornada [ 3] .
Se en agosto e setembro non dás cebada, en todo o ano non poñas albarda .
Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda [ 9] .
Sete pitas e un galo comen a cebada dun cabalo [ 10] .
Si en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda .
Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo a mallar o centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ ai, roxiña, miña namorada [ 11] .
Ai, roxiña, roxiña do pelo,/ vén comigo malla-lo centeo,/ o centeo, o centeo, a cebada,/ vén, roxiña, miña namorada [ 12] .
Ise burro que eí ornea,/ ornea pola cebada;/ non a ha levar esta noite/ tampouco de madrugada [ 13] .
O crego vendeu a besta/ por lle non da-la cebada/ i agora vai ós enterros/ dacabalo da criada [ 14] .
↑ 1,0 1,1 1,2 Eladio Rodríguez González, s. v. besta .
↑ 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo .
↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Eladio Rodríguez González, s. v. cebada .
↑ Eladio Rodríguez González', s. v. home .
↑ José María Pereda Álvarez (1953).
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. cebada . No orixinal: Cebada do día non fai a cabalaría .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro .
↑ Marcial Valladares Núñez (1884). No orixinal: qu’en, da, San Juan, jornada .
↑ Eladio Rodríguez González, s. v. agosto . No orixinal: Si , año .
↑ Eligio Rivas Quintas, s. v. galo .
↑ Bouza Brey 1929, 176
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 34. No orixinal: ven, mallalo .
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 90. No orixinal: ehí, nona .
↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: dala .
BOUZA BREY, Fermín : "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín : Cantigueiro popular da Limia Baixa , Galaxia, Vigo 1973.
PEREDA ÁLVAREZ, José María : "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52.
RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas III, contribución al diccionario gallego , no Dicionario de Dicionarios 2001.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio : Diccionario enciclopédico gallego-castellano , Galaxia, Vigo 1958-1961.
VALLADARES NÚÑEZ, Marcial : Diccionario gallego-castellano , Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.