A casa das dagas voadoras
A casa das dagas voadoras (en chinés: 十面埋伏, pinyin Shí miàn mái fú) é un filme de xénero wuxia do ano 2004, dirixida por Zhang Yimou. Estreouse en galego na TVG o 19 de setembro de 2008.[3]
A casa das dagas voadoras | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 十面埋伏 - Shí miàn mái fú |
Director | Zhang Yimou |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Shigeru Umebayashi |
Fotografía | Zhao Xiaoding |
Montaxe | Long Cheng |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Cannes: 19 de maio de 2004![]() |
Duración | 119 minutos[1] |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama, amor |
Orzamento | 12 000 000 dólares[2] |
Recadación | 92 863 945 dólares |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/homevideo/houseofflyingdaggers | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarCorre o ano 859 a.C. e a dinastía chinesa Tang, outrora poderosa, entrou en decadencia. O malestar esténdese por todo o país, e o corrupto goberno ten que enfrontarse en todas partes con exércitos rebeldes. O máis poderoso é o da "Casa das Dagas Voadoras", que se está a facer cada vez máis forte grazas a un novo e misterioso líder. Dous capitáns, Leo e Jin, reciben a orde de capturalo e para iso artellan un minucioso plan. O capitán Jin finxe ser un guerreiro solitario chamado Vento e saca da cadea á revolucionaria cega Mei, que o levará ata o cuartel xeral da Casa das Dagas Voadoras, pero durante a viaxe, Jin e Mei namóranse profundamente.
Personaxes
editar- Andy Lau como Capitán Leo
- Zhang Ziyi como Mei
- Takeshi Kaneshiro como Capitán Jin
- Song Dandan como Yee
Galardóns e nomeamentos
editar- 2004: Nomeada ó Oscar: Mellor fotografía (Zhao Xiaoding).
- 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor película de fala non inglesa.
- 2004: 9 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor son, vestiario, efectos especiais.
- 2004: National Board of Review: Mellor deseño de produción.
Notas
editar- ↑ "House of Flying Daggers (15) (CUT)". British Board of Film Classification. 14 de decembro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2016.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "A casa das dagas voadoras en galego". DiarioSigloXXI. 19 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2013.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes da China propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- A casa das dagas voadoras na IMDb (en inglés).