A casa da choiva
filme de 1943 dirixido por Antonio Román
A casa da choiva (en castelán: La casa de la lluvia) é un filme galego de 1943 dirixido por Antonio Román.
A casa da choiva | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La casa de la lluvia |
Director | Antonio Román |
Produtor | Antonio Román |
Guión | Pedro de Juan e Antonio Román |
Baseado en | La casa de la lluvia, novela de Wenceslao Fernández Flórez |
Intérpretes | Luis Hurtado, Blanca de Silos, Carmen Viance, Nicolás Perchicot, Manuel de Juan, Rafaela Satorrés, Luis Latorre, Antonio Bayón e José Ocaña |
Música | José Muñoz Molleda |
Fotografía | Heinrich Gärtner |
Montaxe | Juan J. Doria |
Estrea | 4 de outubro de 1943 |
Duración | 88 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, Suspense, Cinema negro |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Argumento
editarUn matrimonio, Fernando e Teresa, vive cunhas modestas rendas nun solitario pazo galego. A visita de dúas persoas para alugaren uns cuartos parece aliviar a amarga situación dos Amil. Mais comezan a xurdir sospeitas, problemas e, aos poucos, revélase un auténtico proceso de namoramento.
Elenco
editar- Luis Hurtado como Fernando Amil
- Blanca de Silos como Lina
- Carmen Viance como Teresa Amil
- Nicolás D. Perchicot como Elías Morell
- Rafaela Satorrés como Marina
- Antonio Bayón como criado
- Luis Latorre como director do manicomio
- Manuel de Juan como empregado do manicomio 1
- Antonio L. Estrada como empregado do manicomio 2
Produción
editarEstá baseado nunha novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez. Parte da película foi rodada no Pazo da Picoña, na Picoña, en Salceda de Caselas.[1][2] Foi dobrado ao galego e emitido na TVG o 16 de outubro de 1986, dentro do programa Galicia no cine.[3]
Notas
editar- ↑ "Recortes da historia de Santa María de Salceda". Consultado o 11 de agosto de 2018.
- ↑ "Historias de Salceda de Caselas. El rodaje de "La casa de la lluvia"" (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2018.
- ↑ "Programación". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1986. p. 63.