A bela do Pacífico
filme de 1953 dirixido por Curtis Bernhardt
A bela do Pacífico (en inglés: Miss Sadie Thompson) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por Curtis Bernhardt e protagonizado por Rita Hayworth, José Ferrer e Aldo Ray. O filme foi distribuído por Columbia Pictures e baséase nunha historia curta escrita por W. Somerset Maugham en 1921, "Miss Thompson" (posteriormente titulada "Rain"). Recibiu un nomeamento ao Óscar á mellor canción orixinal ("Sadie Thompson's Song") na 26ª edición dos premios.
A bela do Pacífico | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Miss Sadie Thompson |
Director | Curtis Bernhardt |
Produtor | Jerry Wald |
Guión | Harry Kleiner |
Baseado en | "Miss Thompson" de W. Somerset Maugham |
Intérpretes | |
Fotografía | Charles Lawton Jr. |
Montaxe | Viola Lawrence |
Estudio | The Beckworth Corporation |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 91 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, romance e musical |
Recadación | 2,9 millóns de dólares (só USA)[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estreouse en galego o 26 de outubro de 1994 na TVG.[2]
Personaxes
editar- Rita Hayworth como Sadie Thompson
- José Ferrer como Alfred Davidson
- Aldo Ray como Sarxento Phil O'Hara
- Russell Collins como Dr. Robert MacPhail
- Diosa Costello como Ameena Horn
- Harry Bellaver como Joe Horn
- Wilton Graff como Gobernador
- Peggy Converse como Margaret Davidson
- Henry Slate como soldado Griggs
- Rudy Bond como soldado Hodges
- Charles Bronson como soldado Edwards (acreditado como Charles Buchinsky)
- Frances Morri como Mrs. MacPhail