A Igrexa, Boullón, Brión
lugar da parroquia de Boullón, no concello de Brión
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Igrexa.
A Igrexa é un lugar da parroquia de Boullón no concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Non tiña habitantes no ano 2010 segundo datos do IGE.
A Igrexa | |
---|---|
Cruceiro no lugar da Igrexa de Boullón | |
Parroquia | Boullón |
Concello | Brión |
Coordenadas | 42°50′57″N 8°42′41″O / 42.8493, -8.7113 |
Poboación | 0 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarA orixe do topónimo é o latín (locus) ecclesiae, o lugar da igrexa.[1]
Patrimonio
editarA única edificación do lugar é a igrexa parroquial de Boullón que dá nome ao lugar. É de finais do século XVII ou comezos do XVIII. Ten planta rectangular e posúe dous retablos. A sancristía áchase na cabeceira da igrexa.
No adro da igrexa hai un cruceiro e en fronte del un recinto pechado cuxa porta está rematada por unha cruz de pedra flanqueada por dous pináculos.
Lugares e parroquias
editarLugares de Boullón
editarLugares da parroquia de Boullón no concello de Brión (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias de Brión
editarNotas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Información da parroquia Arquivado 22 de outubro de 2020 en Wayback Machine. na web do Hotel Rosalía.