A árbore do aforcado
A árbore do aforcado (en inglés: The Hanging Tree) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Delmer Daves. Karl Malden asumiu as funcións de director durante varios días cando Daves caeu enfermo. Está protagonizado por Gary Cooper, Maria Schell, George C. Scott e Malden e está ambientado nos campos de Montana durante a febre do ouro das décadas de 1860 e 1870.
A árbore do aforcado | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hanging Tree |
Director | Delmer Daves |
Produtor | Martin Jurow Richard Shepherd |
Guión | Wendell Mayes Halsted Welles |
Baseado en | The Hanging Tree de Dorothy M. Johnson |
Intérpretes | Gary Cooper Maria Schell Karl Malden |
Música | Jerry Livingston Max Steiner |
Fotografía | Ted D. McCord |
Montaxe | Owen Marks |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 106 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Western |
Recadación | $2 200 000 (estimado USA/Canadá)[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estreouse en galego o 30 de agosto de 2002 a través da TVG.[2]
Sinopse
editarEn 1873, o médico pistoleiro e xogador Joseph Frail chega a un campo de minería en Montana durante a febre do ouro tentando fuxir de eventos do pasado que prefire manter ocultos. O seu xeito de ser rudo e reservado causa envexa no tolo e alcohólico pregador Grubb e no oportunista Frenchy mais non lle impide que tente axudar as persoas, como algúns dos seus pacientes, o mozo ladrón Rune e a inmigrante suíza Elizabeth.
Personaxes
editar- Gary Cooper como Doc Frail
- Karl Malden como "Frenchy" Plante
- Maria Schell como Elizabeth Mahler
- George C. Scott como Grubb
- Karl Swenson como Tom Flaunce
- Ben Piazza como Rune
- Virginia Gregg como Edna Flaunce
- John Dierkes como Society Red
- King Donovan como Wonder
Notas
editar- ↑ "1959: Probable Domestic Take", Variety, 6 de xaneiro de 1960 p 34
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 30 de agosto de 2002. Consultado o 1 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- A árbore do aforcado na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)