Trikala 2000 B.C.
O Athlitikos Syllogos Trikala 2000 KAE ou simplemente AS Trikala 2000 BC (en grego Α.Σ. Τρίκαλα 2000), foi un equipo profesional de baloncesto grego da cidade de Trikala, Grecia. O Trikala chegou a competir na máxima categoría do baloncesto grego. Non se debe confundir o club co Trikala Aries, equipo da mesma cidade.
Trikala 2000 | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Α.Σ. Τρίκαλα 2000 |
Fundación | 1999 |
Desaparición | 2010 |
Cores | Azul, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Trikala Indoor Hall |
Capacidade | 2.500 |
Historia
editarA Asociación Atlética de Trikala 2000 foi fundada o 13 de setembro de 1999 da fusión dos dous equipos locais de Trikala, o Danaos e o Sporting. Dende a súa creación, o club ascendeu rapidamente nas ligas gregas. No 2002, tres anos despois da súa fundación, o Trikala acadou o ascenso á liga B do baloncesto grego. En 2006, acadou un novo ascenso á A2 Ethniki. Dous anos despois completaron o seu percorrido ascensor ao gañar a A2 Ethniki na tempada 2007-08 e ascender á máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O club superou o récord de vitórias nunha tempada (acadou 24), ao bater o récord anterior, en posesión do Makedonikos BC.
A súa primeira tempada na máxima competición grega tivo un relativo éxito, ao acadar a permanencia nun último partido de liga dramático o 22 de abril de 2009.
Palmarés
editar- A2 Ethniki: 1 (2008)