Volksparkstadion
O Volksparkstadion é un estadio de fútbol de Hamburgo, Alemaña. Nel disputa os seus partidos como local o Hamburger SV.
Volksparkstadion | |
---|---|
O Volksparkstadion en 2010. | |
Datos | |
Coordenadas | 53°35′13″N 9°53′55″L / 53.586944, 9.898611 |
Localización | Hamburgo |
Construción | |
Inauguración | 12 de xullo de 1953 |
Estadio | |
Superficie | herba |
Dimensións | 105 × 68 m |
Capacidade | 57 000 espectadores |
Propietario | Hamburger SV |
Operadora | Hamburger SV |
Localía | Hamburger SV |
Web | https://www.hsv.de/volksparkstadion/uebersicht e https://www.hsv.de/volksparkstadion/uebersicht/das-volksparkstadion/ |
Eventos | |
Renovación, reconstrución, reconstrución, Mundial de Fútbol Alemaña 1974 e Mundial de Fútbol Alemaña 2006 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO estadio foi construído entre 1951 e 1953, sobre un máis antigo que ocupaba o mesmo lugar. Foi inaugurado o 12 de xullo de 1953 co nome de Volksparkstadion (Estadio do Parque do Pobo), recibindo o nome pola súa localización no Altona Volkspark (Parque do Pobo). A maioría dos materiais de construción procedían das ruínas de Eimsbüttel, un distrito de Hamburgo destruído polos bombardeos aliados durante a segunda guerra mundial. O novo estadio podía albergar ata 75.000 espectadores.
En 1963, cando o HSV se clasificou para a nova Bundesliga, pasou a xogar no Volksparkstadion, un estadio máis grande e moderno que a súa anterior sede, o Sportplatz at Rothenbaum.
En maio de 1998, o HSV decidiu substituír o impopular Volksparkstadion por un novo estadio, non só para axudar a Alemaña a prepararse para ser sede da Copa do Mundo de Fútbol, senón tamén porque cada vez era máis difícil cumprir as normas de seguridade cunhas instalacións tan antigas. O antigo estadio foi demolido e o novo estadio foi xirado 90° para ofrecer unha experiencia visual igual en todas as bancadas e aproveitar a luz solar. O custo estimado do novo estadio foi de entre 90 e 100 millóns de euros. A capacidade do estadio durante os partidos de clubs é de 57.000 espectadores, reducíndose a 51.500 durante os partidos internacionais. O récord de asistencia alcanzouse na vitoria do Hamburger SV sobre o Bayern de Múnic (1-0) o 30 de xaneiro de 2009, cando se contabilizaron 57.000 espectadores.
O 30 de abril de 1998 emitiuse a licenza de obra para o novo recinto. Elimináronse as instalacións de atletismo, reducindo así a distancia entre o terreo de xogo e as bancadas. O estadio foi reinaugurado o 2 de setembro de 2000 cun partido entre Alemaña e Grecia, gañando o equipo local por 2-0. Co novo estadio, o HSV conseguiu acadar unha media de 50.000 asistentes aos seus partidos. En 2004 abriu no estadio un museo dedicado á historia do HSV.
Trátase dun estadio de categoría 4 da UEFA, polo que é apto para albergar finais da UEFA Europa League e da Liga de Campións da UEFA.
En 2001, AOL comprou os dereitos do nome do Volksparkstadion por 15,3 millóns de euros, pasando este a chamarse AOL Arena. En marzo de 2007, os dereitos do nome foron comprados por HSH Nordbank por 25 millóns de euros, e o estadio foi rebautizado como HSH Nordbank Arena. Entre 2010 e 2015 chamouse Imtech Arena, recuperando a continuación o seu nome orixinal, Volksparkstadion.[1]
Torneos albergados
editarMundial de 1974
editarO Mundial de 1974 celebrouse en Alemaña Occidental e o Volksparkstadion foi un dos estadios utilizados no torneo. O primeiro partido disputado foi o partido entre Alemaña Oriental e Australia (gañando os alemáns 2-0), cunha asistencia de só 17.000 espectadores. O seguinte partido foi un Alemaña Occidental-Australia, onde a asistencia subiu ata os 53.300 seareiros. A asistencia creceu aínda máis para o seguinte partido, ata os 60.200 espectadores, no partido que enfrontou ás dúas Alemañas, sendo a vitoria para os orientais por 1-0.
Eurocopa de 1988
editarA RFA albergou a Eurocopa de 1988 e o Volksparkstadion foi un dos estadios anfitrións. Nese momento o estadio podía albergar 61.200 espectadores. O único partido do torneo que se disputou no estadio foi unha semifinal na que os anfitrións, Alemaña Occidental, caeron ante os Países Baixos por 1–2.
Mundial de 2006
editarO estadio foi unha das sedes do Mundial de 2006, disputándose nel cinco encontros.
Final da UEFA Europa League 2010
editarO estadio acolleu a final da UEFA Europa League de 2010, na que o Atlético de Madrid conquistou o título ao vencer por 2-1 ao Fulham inglés.[2]
Outros usos
editarO estadio acolleu un combate de boxeo entre os pesos pesados Wladimir Klitschko e David Haye o 2 de xullo de 2011.
Tamén acolleu a etapa alemá da serie de concertos mundiais Live Earth o 7 de xullo de 2007. Entre os artistas que actuaron nese evento estaban Shakira, Snoop Dogg, Eminem e Cat Stevens. Tamén actuaron no Volksparkstadion en outras ocasións artistas como Michael Jackson, Tina Turner, Depeche Mode, Metallica, AC/DC, Coldplay ou Rihanna.
Notas
editar- ↑ "Letters disappearing - the legend Volksparkstadion is back!". hsv.de (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2022.
- ↑ "Atlético Madrid's Diego Forlán strikes to beat Fulham in Europa League". The Guardian (en inglés). 12 de maio 2010. Consultado o 10 de marzo de 2022.