AG-11
autovía autonómica galega de Padrón (N-550) ata Ribeira (AC-550)
A AG-11 ou autovía do Barbanza é unha autovía autonómica galega que une os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A autovía xurdiu do desdobramento da antiga VG-1.1, a cal estaba soportando unha grande intensidade de tráfico e era pouco segura. A concesionaria para a súa construción e mantemento é Sacyr Concesiones, pertencente ó grupo Sacyr Vallehermoso.
AG-11 Autovía do Barbanza | |
---|---|
![]() | |
Tipoloxía | Autoestrada de peaxe na sombra |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 40 km |
Localización | |
Inicio | N-550 Padrón |
Fin | AC-550 Ribeira |
Foi inaugurada o 14 de decembro de 2008 desde Padrón ata Rianxo, e entre Rianxo e Santa Uxía de Ribeira a mediados de abril de 2009. En Padrón conéctase coa N-550 contando ademais cun ramal de conexión coa AP-9 que posibilita tamén tomar a variante de Padrón da N-550 inaugurada no ano 2015[1].
Trátase dunha autovía con peaxe na sombra.[2]
Notas
editar- ↑ Pastor asiste a la puesta en servicio la Variante de Padrón (N-550), en A Coruña Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento. Consultado o 16/10/2015 (en castelán).
- ↑ Serafín Lorenzo (2016-02-21). "Las autovías de peaje encubierto superan el tráfico que llevó a la Xunta a pagar más". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-08.