AD Miño
A Asociación Deportiva Miño é un club galego de fútbol que se fundou en 1983 no concello brigantino de Miño. Na actualidade xoga no Grupo Norte da Preferente Autonómica de Galicia.
AD Miño | |
---|---|
Nome | Asociación Deportiva Miño |
Fundación | 1983 |
Estadio | Campo Municipal Gallamonde, Miño |
Capacidade | 1000 |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Liga | Preferente – Grupo Norte |
2023/24 | 7º |
Patrocinador | Pomesa |
Na rede | |
web | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
Compite como local no Campo Municipal de Gallamonde de herba artificial, con capacidade para 1000 persoas.
Historia
editarO antecesor do club actual foi o Miño Club de Fútbol, fundado orixinalmente no ano 1935. O seu maior esplendor deportivo tivo lugar na década de 1970, ao proclamarse campión das Mariñas, da Copa Coruña, do Mini Teresa Herrera, do conde de Fenosa e tamén do Trofeo García que enfrontaba o campión da zona das Mariñas contra o da zona da Costa. Unha das vitorias máis prezadas polo club miñés foi un 2-1 en 1976 ante a UD Salamanca, por aquel entón un conxunto de Primeira División con xogadores de renome como Jorge D'Alessandro, Ricardo Rezza ou o cabanés Juan Alberto Bustillo.[1]
No 1983 o club pasou por un proceso de refundación e adquiriu o seu nome actual: Asociación Deportiva Miño. Nas seguintes décadas conseguiu dous ascensos dende a Segunda Autonómica de Galicia, o último na tempada 2014/2015, ao superar o Galicia de Caranza e ao filial do CD As Pontes, para acadar a Primeira Autonómica, na que se asentou por varios anos. Nestes anos de crecemento o club tamén acadou dous campionatos da Copa Delegación de Ferrol, no 2014 e 2018.
O bo nivel de xogo do club miñés aseguroulle o segundo posto na tempada inmediatamente posterior ao ascenso, acabando con 67 puntos e sendo superado unicamente polo Betanzos. Isto permitiulle xogar a promoción de ascenso a Preferente, perdendo no Gallamonde por 1-2 ante o Sofán. Conseguiu o terceiro posto na tempada 2016/2017 por detrás do Boimorto e da SD O Val, pero nas seguintes tempadas perdeu folgos, ocupando a sétima (2017-2018), novena (2018-2019) e quinta (2019-2020) prazas da Primeira Galicia.
Tras a paréntese provocada pola pandemia de COVID-19 na tempada 2021/2022, o conxunto brigantino quedou integrado no acabado de crear Grupo 1 Subgrupo A (a división en dous do Grupo A Coruña/Ferrol) con conxuntos da súa contorna. Nunha tempada con altos e baixos os de Miño remataron terceiros por detrás do CD Narón e do Cultural Maniños, perdendo a oportunidade de unirse ó grupo de ascenso.
Favoreceu, e moito, ao club miñés a volta á normalidade da competición, e baixo a dirección de Manel, o equipo acabou líder do Grupo Coruña/Ferrol con 78 puntos, derrotando a perseguidores constantes coma o Olímpico CF e o Eume Deportivo. Tras o empate a dous goles da xornada 33 entre o conxunto miñés e o Olímpico, quedou todo por decidir para o último partido da tempada, no que o Miño visitaba o Campo Rodrigo García Vizoso da Grela. Alí goleou por 1-5 ao Ural para proclamarse campión con 3 puntos de vantaxe sobre o Olímpico e acadar así o primeiro ascenso á Preferente Galicia da súa historia.[2]
Uniforme
editar- Uniforme titular:camiseta branca cunha franxa vermella, pantalón branco e medias vermellas.
Datos do club
editarHistorial na liga
editarTempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
2014/15 | 2ª Galicia | 1.º |
2015/16 | 1ª Galicia | 2º |
2016/17 | 1ª Galicia | 3º |
2017/18 | 1ª Galicia | 7º |
2018/19 | 1ª Galicia | 9º |
2019/20 | 1ª Galicia | 5º |
2021/22 | 1ª Galicia | 3º |
2022/23 | 1ª Galicia | 1.º |
2023/24 | Preferente | 7º |
2024/25 | Preferente | — |
Notas
editar- ↑ "Historia". admiño.es (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2024.
- ↑ "El AD Miño es de Preferente (Crónica,fotos y videos de la celebración)". FútbolFerrol (en castelán). 15 de maio de 2023. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2023. Consultado o 16 de Maio de 2023.