AC-14
A AC-14 ou Autovía de acceso á Coruña, é unha autovía urbana da cidade da Coruña. Cunha lonxitude de preto de 10 quilómetros conecta a autovía A-6 á altura da parroquia de Sésamo[1] en Culleredo coa avenida de Enrique Salgado Torres na zona das Lonzas, na Coruña.
AC-14 Autovía de acceso á Coruña | |
---|---|
![]() | |
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | AC-14 e AC-14AL suman 13 km |
Localización | |
Inicio | Sésamo A-6 |
Fin | As Lonzas, A Coruña (Avenida de Enrique Salgado Torres) |
A finalidade da súa construción foi a de descargar de tráfico a entrada e saída da cidade pola Avenida Alfonso Molina, proporcionando xunto coa autoestrada V-1.4 (tamén chamada Ronda do Deportivo da Coruña) a posibilidade de acceder e saír da cidade a través doutras avenidas. A dous quilómetros do seu fin en Lonzas, a AC-14 bifúrcase coa Ronda do Deportivo da Coruña coa que se pode entrar na cidade pola rúa Manuel Murguía ou pola Avenida de Arteixo. A AC-14 tamén ofrece a posibilidade de chegar á Avenida Alfonso Molina (AC-11) a través da súa última saída cara á Ronda de San Cristovo ou AC-10.
A autovía AC-14 permite ademais acceder ao aeroporto xa que conta no treito Ledoño-A Zapateira cun ramal de case 3 quilómetros, denominado AC-14AL que conduce directamente á terminal do Aeroporto de Alvedro, e permite posteriormente conectar coa estrada nacional N-550[2].
Construción e inauguración
editarO proxecto de construción da AC-14 ten a súa orixe nun acordo subscrito no ano 2000 entre os que daquela eran alcalde da Coruña Francisco Vázquez e Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas Xosé Cuíña[3]. Habitualmente a obra foi coñecida no seu conxunto polo nome de Terceira Ronda, e finalmente se materializou na construción por parte do Ministerio de Fomento dunha autovía (AC-14) de acceso á cidade dende a A-6 até Lonzas, xunto coa construción por parte da Xunta de Galicia doutra autovía de circunvalación entre a AC-14 e a rotonda do Pavo Real, no cruzamento da rolda de Outeiro e a rúa de Manuel Murguía.
A primeira pedra dos dous treitos que conforman a AC-14 foi posta no ano 2006, sendo alcalde da Coruña Javier Losada[3]. O primeiro treito inaugurado foi o que vai dende a A-6 ata A Zapateira, que se puxo en servizo en abril do ano 2011[2]. Daquela agardábase que estivese totalmente operativa a finais de 2013[4], máis finalmente o tramo Lonzas-A Zapateira foi inaugurado en marzo de 2015[3], a falta de rematar un par de conexións, e sendo alcalde Carlos Negreira. O custo total conxunto da AC-14 e a V-1.4 foi de máis de 250 millóns de euros[3].
Conexións da AC-14
editarTramos "Lonzas - A Zapateira" e "A Zapateira - Ledoño"
editarNúmero de Saída | Nome de Saída, Túnel ou Viaduto | Estrada que liga |
---|---|---|
0 | Catro Camiños | Avenida Salgado Torres |
Viaduto As Lonzas, 445m | ||
1 | Avenida Alfonso Molina Polígono de Agrela |
AC-10 |
Viaduto Pocomaco, 430m | ||
2 (en sentido Ledoño) |
Mesoiro Feáns Polígono Pocomaco Campus de Elviña |
DP-0512 |
2A (en sentido A Coruña) |
Mesoiro Feáns Pocomaco Campus Elviña |
DP-0512 |
Viaduto Mesoiro, 105m | ||
2B (en sentido A Coruña) |
Riazor Paseo marítimo A Grela-Bens |
V-1.4 |
3 | A Zapateira Campus A Zapateira Vilaboa |
DP-3006 |
Túnel Rias Altas 1, 200m | ||
Túnel Rias Altas 2, 300m | ||
Viaduto Rego de Castro, 200m | ||
Túnel da Zapateira, 54m | ||
Viaduto Rego de Trabe, 100m | ||
7 | Aeroporto de Alvedro | AC-14AL DP-0510 DP-3109 |
A Garrocha, 140m | ||
Lugo Madrid Santiago Ledoño Arteixo Carballo |
A-6 AC-523 DP-3109 |
Notas
editar- ↑ Descarga de información xeográfica Instituto de Estudos do Territorio, Xunta de Galicia. Consultado o 17/08/2015.
- ↑ 2,0 2,1 Entra en servicio el tramo entre A Zapateira y Ledoño de la tercera ronda de A Coruña www.lavozdegalicia.es, 14/04/2011 (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 La tercera ronda abre a la circulación casi completa 15 años después de ser concebida www.laopinioncoruna.es, 15/03/2015 (en castelán).
- ↑ O alcalde da Coruña espera que a Terceira Rolda estea completamente operativa o último trimestre de 2013.