AB Doradus
AB Doradus (HD 36705 / HIP 25647)[1] é un sistema estelar que se atopa a 48,7 anos luz na constelación austral de Dorado. A estrela principal é unha estrela fulgurante, de aí a denominación denominación de estrela variable AB.
Constelación | Dorado |
Ascensión recta α | 05h 28min 44.8s |
Declinación δ | -65º 26’ 55’’ |
Distancia | 48,7±0,4 anos-luz |
Magnitude visual | +6,93 / +13,0 / ? |
Magnitude absoluta | +6,06 |
Tipo espectral | K2V / dM3-4e / M8 |
Velocidade radial | + 28 km/s |
A estrela principal AB Doradus A, anana laranxa de tipo espectral K2V, ten unha velocidade de rotación 50 veces maior que o Sol, e en consecuencia posúe un campo magnético grande.[2] . Posúe maior número de manchas solares que o Sol. Medidas da velocidade de rotación da estrela no seu ecuador amosaron que a velocidade varía co tempo debido o efecto de dito campo magnético.[3]
AB Doradus B é unha anana vermella a 135 UA da compoñente A. AB Doradus C é unha compañeira moi próxima a estrela principal, a só 2,3 UA, cun período orbital de 11,75 anos. É unha das estrelas coñecidas con menor masa -93 veces a masa de Xúpiter- moi preto do límite de 75-83 veces a masa de Xupiter por debaixo da cal clasificaríase como unha anana marrón.[4] A súa luminosidade é só unha milésima da do Sol.
O sistema é membro da chamada Asociación estelar de AB Doradus, composta por unhas 30 estrelas que se moven na mesma dirección e teñen unha idade similar.[5]
Notas
editar- ↑ Datos astronómicos de AB Doradus (SIMBAD)
- ↑ JR Minkel (11-12-2001). "Shimmying Star May Shed Light on Forces at Work in the Sun". Scientific American. Consultado o 2006-06-25.
- ↑ A. C. Cameron, J.F. Donati. "Christmas Star Does the Twist" (en English). PPARC. Arquivado dende o orixinal o 04-11-2005. Consultado o 25-08-2006.
- ↑ "Weighing the Smallest Stars". ESO. 2005-01-19. Arquivado dende o orixinal o 20-08-2006. Consultado o 13-08-2006.
- ↑ B. Zuckerman, I. Song, M. S. Bessell (2005). "The AB Doradus Moving Group". The Astrophysical Journal 613: 65–68.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AB Doradus |