Añobre, Vila de Cruces
San Pedro de Añobre é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2009 tiña 107 habitantes (62 homes e 45 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 29 habitantes en relación ao ano 1999 cando posuía 136 habitantes.
Añobre | |
---|---|
Cartel indicador do lugar de Añobre. | |
Concello | Vila de Cruces[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°48′19″N 8°18′47″O / 42.80541177, -8.31296972 |
Poboación | 93 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarAta principios do século XII Añobre era un lugar de Camanzo, pero Xelmírez elevouno a freguesía anexa en agradecemento polas atencións recibidas dos veciños durante o tempo que a raíña Dona Urraca o tivo prisioneiro no castelo de Cira.
No ano 2007, Añobre sufriu unha modificación con respecto ás demais parroquias do seu arredor, dado que diminuíu o seu territorio, quedando a parroquia máis reducida.
Festas
editarTen como patrón a San Pedro, pero tamén se dedica unha romaría a Santa Rita, o 22 de maio. Manda a tradición que os devotos da santa fagan garda de honra á súa imaxe durante toda a noite anterior á festa. Outra romaría tradicional era a de San Ramón, que agora celébrase no marco fluvial das Ínsuas, en Gres, o 31 de agosto.
Lugares e parroquias
editarLugares de Añobre
editarLugares da parroquia de Añobre no concello de Vila de Cruces (Pontevedra) | |
---|---|