2101 Adonis
2101 Adonis foi un dos primeiros asteroides próximos á Terra que se descubriron. Foi descuberto no 1936 por Eugène Joseph Delporte e foi nomeado Adonis polo fermoso mozo da mitoloxía de quen Afrodita se namorou. Este asteroide ten aproximadamente 1 km de diámetro.
Descubrimento e clasificación | |
---|---|
Descuberto por | Eugène Delporte |
Descuberto o | 12-02-1936 |
Categoría no Mpc | Apolo, Cruza con Marte |
Designación provisional | 1936 CA |
Características orbitais | |
Época= 2456400.5 (2014-Dec-09.0) TDB[1] | |
Afelio | 3,31 UA[1] |
Perihelio | 0.44 UA[1] |
Eixo semi-maior | 1.87 UA[1] |
Excentricidade | 0.71[1] |
Período orbital | 937.479 días[1] 2.57 anos |
Velocidade orbital | 18.10 km/s |
Inclinación orbital | 1.33 °[1] |
Anomalía media | 57.57 ° (M)[1] |
Lonxitude do nodo ascendente | 349.88 °[1] |
Argumento do perihelio | 43.21 °[1] |
Características físicas | |
Diámetro | 0.6 km[1] |
Magnitude absoluta | 18.7 mag[1] |
Cando o asteroide foi descuberto por primeira vez non era posible facer as observacións suficientes para calcular a súa órbita, de tal xeito Adonis foi un asteroide que estivo perdido ata 1977, ano no que Charles T. Kowal volveu a descubrilo[2].
Adonis foi o segundo asteroide Apolo descuberto tras 1862 Apolo. Pode ser un cometa extinto e pode ser a fonte dalgunha chuvia de meteoros[3].
A órbita de Adonis ten achegamentos ás órbitas de Venus, da Terra e Marte[4].
Adonis na ficción
editarEn 1954, no cómic de Tintín titulado Explorando a lúa, o capitán Haddock en estado de embriaguez case se volve un satélite do asteroide, que estaba no tránsito entre a Terra e a Lúa.
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 "Datos da NASA (JPL Small-Body Database Browser)". Consultado o 29 de agosto de 2015.
- ↑ Richard G. Hodgson: Long-lost planet 1936 CA ("Adonis") recovered. The Minor Planet Bulletin, Volume 4, p.35 (en inglés).
- ↑ Babadzhanov, P. B. (2003). "Meteor showers associated with the near-Earth asteroid (2101) Adonis". Astronomy and Astrophysics 397: 319–323. Consultado o 29 de agosto de 2015.
- ↑ "JPL Close-Approach Data: 2101 Adonis (1936 CA)". Consultado o 29 de agosto de 2015.