1997: Rescate en Nova York
1997: Rescate en Nova York (en inglés: Escape from New York) é un filme estadounidense coescrito e dirixido por John Carpenter estreado en 1981. O filme está ambientado nun 1997 futurista, no cal a illa de Manhattan converteuse na única prisión de máxima seguridade do país. Ex-soldado e agora prisioneiro federal Snake Plissken (Kurt Russell) ten 24 horas para atopar o Presidente dos Estados Unidos de América (Donald Pleasence), que foi capturado polos prisioneiros despois de estrelarse o Air Force One.
1997: Rescate en Nova York | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Escape from New York |
Director | John Carpenter |
Produtor | |
Guión |
|
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía |
|
Montaxe | Todd Ramsay |
Estudio |
|
Distribuidora | AVCO Embassy Pictures[1] |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 99 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Acción |
Orzamento | $6 000 000[3] |
Recadación | $25 200 000(USA)[3] |
Na rede | |
https://www.mgm.com/#/our-titles/608/ESCAPE-FROM-NEW-YORK,-JOHN-CARPENTER%E2%80%99S | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Carpenter escribiu o filme a mediados da década de 1970 como reacción ó escándalo Watergate. Despois do éxito de Halloween, tivo influencia suficiente para comezar a produción e contou cun orzamento de $6 millóns.[3][4] Debra Hill e Larry J. Franco foron os produtores do filme. Foi coescrito por Nick Castle, que xa colaborara con Carpenter en Halloween. 1997: Rescate en Nova York estreouse nos Estados Unidos o 10 de xullo de 1981. O filme recibiu críticas positivas e un éxito de recadación, conseguindo $25 millóns.[3] Foi nomeado a catro Premios Saturn e converteuse nun clásico de culto que tivo unha secuela 2013: Rescate en L.A. (1996).
Estreouse en galego o 5 de xullo de 1992 a través da TVG.[5]
Personaxes
editar- Kurt Russell como Snake Plissken
- Lee Van Cleef como Bob Hauk
- Ernest Borgnine como Cabbie
- Donald Pleasence como Presidente dos Estados Unidos de América
- Isaac Hayes como Duque de Nova York
- Harry Dean Stanton como Harold "Brain" Hellman
- Adrienne Barbeau como Maggie
- Season Hubley como rapaza Chock Full o' Nuts
- Tom Atkins como Rehme
- Charles Cyphers como Secretario do Estado
- Joe Unger como Taylor (escenas eliminadas)
- Frank Doubleday como Romero
- John Strobel como Cronenberg
- Nancy Stephens como Stewardess
- Ox Baker como Slag
- Buck Flower como Drunk
- Debra Hill como voz de ordenador (sen acreditar)
- Jamie Lee Curtis como narradora (sen acreditar)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Escape from New York". American Film Institute. Consultado o 12 de novembro de 2016.
- ↑ Escape From New York 48. Monthly Film Bulletin. 1981. p. 174. ISSN 0027-0407.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Escape from New York". The Numbers. 4 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2014. Consultado o 4 de maio de 2007.
- ↑ Phantom of the Movies (11 de novembro de 2003). Washington Weekend, ed. "Escape From New York rushes into a DVD world". Washington Times. pp. M24.
- ↑ "Programación da TVG". ABC. 5 de xullo de 1992. Consultado o 15 de outubro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- 1997: Rescate en Nova York na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)