12 Golden Country Greats
12 Golden Country Greats é o quinto álbum da banda estadounidense de rock alternativo Ween, editado o 16 de xullo de 1996 polo selo Elektra Records.
12 Golden Country Greats | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Ween | ||||
Publicado | 1996 | |||
Gravación | novembro de 1995 | |||
Duración | 33:40 (orixinal) 32:38 (reimpresión) | |||
Xénero(s) | rock alternativo, country alternativo | |||
Selo(s) | Elektra Records | |||
Produtor | Ben Vaughn | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O traballo marca a primeira vez que Ween se limita a un xénero específico nun disco. Levando a unha ampla variedade de experimentados (e ás veces lendarios) músicos de Nashville (entre os que estaban Charlie McCoy Buddy Spicher, Bobby Ogdin e The Jordanaires), o álbum busca recrear o son da época dourada do country, ao mesmo tempo que combina isto co son do Ween máis clásico en temas como "Piss Up a Rope". Posteriormente Ween se reuniría con algúns destes músicos de sesión novamente nunha banda chamada The Shit Creek Boys.
Existen tres teorías sobre o título do álbum. A primeira afirma que fai referencia á ducia de veteranos músicos, coñecidos como The Shit Creek Boys, que tocaron no traballo. A segunda di que fala do feito de que a banda gravou doce cancións durante as sesións demo para o álbum; cando chegou a hora de gravar o disco, o grupo optou por non usar dous dos temas, pero decidiron non cambiar o título que xa tiñan pensado. As dúas cancións eliminadas titulábanse "I Got No Darkside" e "So Long, Jerry". Esta última era un tributo ao recentemente falecido músico Jerry Garcia, e acabou sendo a cara B do sinxelo "Piss Up a Rope". A terceira teoría sostén que o álbum sinxelamente foi bautizado así de forma irónica. O estilo do nome tamén pode ser unha homenaxe ao álbum de 1979 de Throbbing Gristle 20 Jazz Funk Greats, un disco con só 13 temas e pioneiro na música industrial.
Listaxe de cancións
editarTodos os temas compostos por Ween. Todas as voces principais por Gene Ween, agás onde se indique.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "I'm Holding You" | 4:02 | |||||||
2. | "Japanese Cowboy" | 3:01 | |||||||
3. | "Piss Up a Rope" (voces principais por Dean Ween) | 3:33 | |||||||
4. | "I Don't Wanna Leave You on the Farm" | 2:44 | |||||||
5. | "Pretty Girl" | 2:35 | |||||||
6. | "Powder Blue" (3:13 on repressings of the album) | 4:16 | |||||||
7. | "Mister Richard Smoker" | 2:42 | |||||||
8. | "Help Me Scrape the Mucus off My Brain" (voces principais por Dean Ween) | 2:45 | |||||||
9. | "You Were the Fool" | 4:26 | |||||||
10. | "Fluffy" | 3:31 | |||||||
33:35 |