10,000 BC
10,000 BC é unha longametraxe estadounidense dirixida por Roland Emmerich que foi estreada en 2008. Estreouse en galego na TVG o 1 de xaneiro de 2013.
10 000 A.C | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 10,000 BC |
Director | Roland Emmerich |
Produtor | Roland Emmerich Mark Gordon Michael Wimer |
Guión | Roland Emmerich Harald Kloser |
Intérpretes | Steven Strait Camilla Belle Cliff Curtis Joel Virgel Affif Ben Badra Mo Zinal Nathanael Baring Mona Hammond Marco Khan Reece Ritchie Omar Sharif |
Música | Harald Kloser Thomas Wander |
Fotografía | Ueli Steiger |
Montaxe | Alexander Berner |
Estudio | Legendary Pictures Centropolis Entertainment |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 7 de marzo de 2008 1 de xaneiro de 2013 (TVG) |
Duración | 109 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventura, Fantástica |
Orzamento | $105 000 000[1] |
Recadación | $269 784 201 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/10000-bc | |
Sinopse
editarEra un tempo no que o home e a besta eran indomábeis e o poderoso mamut camiñaba pola terra. Un tempo no que as ideas e as crenzas naceron e déronlle forma á humanidade. 10 000 a. C. Un xove cazador D'Leh (Steven Strait) comeza a busca da súa namorada á fronte dun exército atravesando o gran deserto. Terá que facer fronte ó mamut, e tamén ao smilodon (tigres de dentes de sabre) e outros depredadores prehistóricos, ó tempo que descobre unha avanzada civilización, os refuxiados da Atlántida que desembarcaron no que máis tarde se coñecería como o Antigo Exipto.
Personaxes
editar- Steven Strait como D'Leh.
- Camilla Belle como Evolet.
- Cliff Curtis como Tic'Tic.
- Joel Virgel como Nakudu.
- Affif Ben Badra como Señor da Guerra.
- Mo Zinal como Ka'Ren.
- Nathanael Baring como Baku
- Mona Hammond como Anciá.
- Marco Khan como Un-ollo.
- Reece Ritchie como Moha.
- Joel Fry como Lu'Kibu.
- Omar Sharif como Narrador (Voz).
- Kristian Beazley como Pai de D'Leh.
- Junior Oliphant como Tudu.
- Louise Tu'u como Nai de Baku.
Erros cronolóxicos
editarO filme, á parte duns excelentes efectos visuais, ten algúns erros como por exemplo que nela móstrase como o home cultiva a terra, pero os primeiros cultivos datan do ano 8000 a. C. Tamén aparecen homes montando a cabalo, cando o home domestica cabalos aproximadamente dende o ano 2000 a. C. E finalmente os homes xa descubriran o ferro no filme, cando en realidade o home aprendeu a dominar o ferro cara ao ano 1500 a. C.
Aínda que se presenta como un filme sobre a prehistoria, contempla teorías non oficiais sobre este período, por exemplo, a teoría de que existiu unha cultura civilizada hai 10000 anos, algo semellante ó mito da Atlántida, retoma teorías de exiptólogos que din que se cadra a Esfinxe é anterior ó Antigo Exipto e que ó mellor os exipcios eran herdeiros dalgunha outra gran civilización.