007: Goldeneye
007: Goldeneye (en inglés: GoldenEye) é o décimo sétimo filme de espías baseado na personaxe de James Bond. Producido por Eon Productions, é o primeiro filme da franquía protagonizado por Pierce Brosnan. Foi dirixido por Martin Campbell e é o primeiro filme cuxa historia non toma elementos da obra de Ian Fleming.[1] A historia foi concibida e escrita por Michael France, coa colaboración posterior doutros guionistas. No filme, Bond loita para evitar que un exaxente do MI6 empregue un satélite contra Londres para provocar unha crise financeira global.
007: Goldeneye | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | GoldenEye |
Director | Martin Campbell |
Produtor | |
Guión |
|
Baseado en | James Bond de Ian Fleming |
Intérpretes | |
Música | Éric Serra |
Fotografía | Phil Méheux |
Montaxe | Terry Rawlings |
Estudio | Eon Productions |
Distribuidora | MGM/UA Distribution Company (USA) United International Pictures (Internacional) |
Estrea | Os Ánxeles: 13 de novembro de 1995![]() ![]() |
Duración | 130 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Acción |
Orzamento | $60 000 000 |
Recadación | $355 000 000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
GoldenEye foi estreado en 1995, após seis anos de hiato na serie por mor de disputas legais, durante as cales Timothy Dalton renunciou ó papel de James Bond e foi substituído por Pierce Brosnan. M tamén foi substituído, e a actriz Judi Dench converteuse na primeira muller en interpretar esta personaxe, substituíndo a Robert Brown. GoldenEye foi o primeiro filme de Bond realizado despois da disolución da Unión Soviética e o remate da guerra fría, que proporcionou un bo argumento para o filme.
Personaxes
editar- Pierce Brosnan como James Bond (007)
- Sean Bean como Alec Trevelyan (006) / Janus
- Izabella Scorupco como Natalya Simonova
- Famke Janssen como Xenia Onatopp
- Joe Don Baker como Jack Wade
- Judi Dench como M
- Gottfried John como Xeneral Arkady Grigorovich Ourumov
- Robbie Coltrane como Valentin Dmitrovich Zukovsky
- Alan Cumming como Boris Grishenko
- Tchéky Karyo como Dmitri Mishkin
- Desmond Llewelyn como Q
- Samantha Bond como Miss Moneypenny
- Michael Kitchen como Bill Tanner
- Minnie Driver como Irina
- Serena Gordon como Caroline
Notas
editar- ↑ BBC News, ed. (10 de novembro de 2002). "The James Bond Films – 1994–2002". Consultado o 22 de outubro de 2007.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 007: Goldeneye |
Ligazóns externas
editar- 007: Goldeneye na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)