.ar
.ar é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Arxentina. En contraste con outros NIC, NIC Argentina estableceu que só habitantes do país poden obter un dominio .ar.
.ar | |
---|---|
![]() | |
Tipo | dominio de nivel superior xeográfico e Dominio de primeiro nivel |
Data de fundación | 1987 |
País | Arxentina |
Na rede | |
https://nic.ar | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Como pasa con algúns administradores de nomes de dominio, NIC Argentina esixe o rexistro de dominios de terceiro nivel. Todo dominio arxentino, agás excepcións, deberá ser un dominio de terceiro nivel de:
- .com.ar
- .edu.ar
- .gov.ar e gob.ar
- .int.ar
- .mil.ar
- .net.ar
- .org.ar
- .tur.ar
As excepcións, debidas na súa maior parte a dominios preexistentes no momento de crearse NIC, ou a razóns gobernamentais son:
- argentina.ar
- educ.ar
- gobiernoelectronico.ar [1]
- nic.ar
- uba.ar
Recentemente autorizáronse máis excepcións, sempre para rexistrantes ligados ao goberno nacional (por exemplo hablemostodos.ar[2])
Os cidadáns particulares só poden ser titulares do dominio de segundo nivel .com, xa que os outros están reservados para organizacións, tanto públicas como privadas. O rexistro de dominios non é arancelado e a súa administración está a cargo da Dirección Nacional do Rexistro de Dominios de Internet no ámbito da Secretaría Legal e Técnica da Presidencia da Nación.
O pasado 8 de setembro de 2008, os dominios .ar sufriron os seguintes cambios:
- Permitirán o rexistro de nomes usando caracteres internacionais (IDN), como o ñ, á, é, í ó, ú, ä, ë, ï, ö, e ü.
- Os dominios para institucións do goberno cambiarán de .gov.ar para .gob.ar.
- Introducirase un novo dominio de segundo nivel .tur.ar para fomentar os sitios de axencias de viaxes e de turismo.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". web.archive.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". hablemostodos.ar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2013. Consultado o 01 de febreiro de 2019.