Óscar García Junyent
Óscar García Junyent, deportivamente coñecido como Óscar, nado o 26 de abril de 1973 en Sabadell, é un ex xogador e adestrador de fútbol español. Como futbolista, xogaba como mediapunta e desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional entre o FC Barcelona e o RCD Espanyol. Como adestrador dirixiu equipos en varios países (España, Israel, Inglaterra, Austria, Francia e Grecia), sendo o seu último equipo o Celta de Vigo.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1973 (51 anos) Sabadell, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Sabadell | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 184 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 77 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Roger García Junyent Genís García Junyent | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
É o maior da saga de futbolistas García Junyent, formada polos seus irmáns Genís e Roger.
Traxectoria
editarSelección nacional
editarAínda que non alcanzou a selección absoluta, foi internacional en practicamente todas as categorías inferiores da selección española: a sub-16, a sub-18, a sub-19, a sub-20 e a sub-21, da que é o segundo máximo goleador histórico, con 12 tantos en 24 partidos.[1] Participou no Mundial Xuvenil de 1991 (alcanzando os cuartos de final), nas Eurocopas Sub-21 de 1994 (terceiro posto) e 1996 (subcampión) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta en 1996, onde foi o máximo goleador do conxunto español, con dous tantos en catro partidos.[2]
Tamén disputou seis partidos internacionais de carácter amigable coa selección de fútbol de Cataluña, nos que anotou cinco goles.
Como adestrador
editarO Celta de Vigo contratou ó técnico de Sabadell para reverter a mala situación do club, que despois de facer un grande esforzo na contratación de Rafinha Alcantara ou Denis Suárez, e co primeiro terzo da tempada cumprida, ocupaba postos de descenso, o que propiciou a destitución do adestrador co que se comezou a tempada (Fran Escribá). Finalmente o equipo acabou salvando a categoría, por un só punto e o contrato do adestrador foi renovado.[3]
Tras un ano no club celeste foi destituído o 9 de novembro de 2020, debido aos malos resultados no inicio da campaña 2020/21, na que o equipo sumou só 7 puntos nas primeiras 9 xornadas.[4]
Vida persoal
editarTivo tres fillas: Mariona, Jana e Emma. A maior delas, Mariona, faleceu en 2022, con 21 anos de idade, por mor dun cancro.[5]
Estatísticas
editarParticipacións en torneos internacionais
editarTorneo | Sede | Resultado |
---|---|---|
Copa Mundial Xuvenil de 1991 | Portugal | Cuartos de final |
Eurocopa sub-21 de 1994 | España | Terceiro posto |
Eurocopa sub-21 de 1996 | Francia | Subcampión |
Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 | Estados Unidos | Cuartos de final |
Estatísticas coas seleccións de España
editarSelección | Partidos | Goles |
---|---|---|
Sub-16 | 1 | 1 |
Sub-18 | 4 | 1 |
Sub-19 | 1 | - |
Sub-20 | 3 | - |
Sub-21 | 24 | 12 |
Olímpica | 4 | 2 |
Clubs
editarClub | País | Ano |
---|---|---|
FC Barcelona B | España | 1991-1994 |
FC Barcelona | España | 1993-1994 |
Albacete Balompé | España | 1994-1995 |
FC Barcelona | España | 1995-1999 |
Valencia Cf | España | 1999-2000 |
RCD Español | España | 2000-2004 |
UE Lleida | España | 2004-2005 |
Traxectoria como adestrador
editarClub | País | Ano |
---|---|---|
Selección catalá sub-18 | Cataluña | 2010-2012 |
Xuvenil A do FC Barcelona | Cataluña | 2010-2012 |
Maccabi Tel Aviv FC | Israel | 2012-2013 |
Brighton & Hove Albion | Inglaterra | 2013-2014 |
Maccabi Tel Aviv FC | Israel | 2014 |
Watford Football Club | Inglaterra | 2014 |
Red Bull Salzburg | Austria | 2016-2017 |
AS Saint-Étienne | Francia | 2017 |
Olympiakos | Grecia | 2018 |
Celta de Vigo | Galiza | 2019-2020 |
Estatísticas como adestrador
editarClub | País | Tempada | P | PG | PE | PP | GF | GC | % vitorias |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Selección catalá sub-18 | Cataluña | 2010-2012 | |||||||
Xuvenil A do FC Barcelona | 2010-2012 | ||||||||
Maccabi Tel Aviv FC | Israel | 2012-2013 | 36 | 25 | 5 | 6 | 69.44 | ||
Brighton & Hove Albion | Inglaterra | 2013-2014 | 53 | 21 | 16 | 16 | 39.62 | ||
Maccabi Tel Aviv FC | Israel | 2014 | 2 | 1 | 1 | 0 | 50 | ||
Watford Football Club | Inglaterra | 2014 | 4 | 1 | 2 | 1 | 25 | ||
Red Bull Salzburg | Austria | 2016-2017 | 73 | 51 | 12 | 10 | 69.86 | ||
AS Saint-Étienne | Francia | 2017 | 13 | 5 | 4 | 4 | 38.46 | ||
Olympiakos | Grecia | 2018 | 13 | 6 | 5 | 2 | 46.15 | ||
Celta de Vigo | Galiza | 2019 - 2020 | 38 | 8 | 17 | 13 | 44 | 49 | 21.05 |
Palmarés
editarCampionatos nacionais
editarCampionatos internacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Recopa de Europa | FC Barcelona | España | 1997 |
Supercopa de Europa | FC Barcelona | España | 1998 |
Outros
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Cataluña | FC Barcelona | España | 1991 |
Copa Cataluña | FC Barcelona | España | 1993 |
Como adestrador
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Ligat ha'Ao | Maccabi Tel Aviv FC | Israel | 2013 |
Bundesliga | Red Bull Salzburg | Austria | 2016 |
Copa de Austria | Red Bull Salzburg | Austria | 2016 |
Notas
editar- ↑ Óscar García dice es "orgullo" seguir siendo máximo goleador español sub´21
- ↑ Félix Martialay. Todo sobre todas las selecciones. Pascual Sanz. ISBN 84-935390-2-3.
- ↑ "Óscar García: "Estoy muy contento de renovar"". Sport (en castelán). 26 de xuño de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020.
- ↑ "Òscar García non seguirá á fronte do Celta". CRTVG. 9 de novembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2020.
- ↑ 26 de febreiro de 2023, Marc (Villanueva). "El drama de Òscar Garcia Junyent y su hija de 21 años muerta de cáncer: "Es antinatural"" (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.