Óbolo das Illas Xónicas
Óbolo das Illas Xónicas | |
---|---|
A/ BRITANNIA. Britannia sedente cara á esquerda. | R/ ΙΟΝΙΚΟΝ ΚΡΑΤΟΣ
1819. León de estilo veneciano |
Óbolo. 1819. Ceca: Royal Mint. CU. 9,47 g. 28 mm.[1] |
O óbolo (do grego: ὀβολός, obolos; plural oboli) das Illas Xónicas ou óbolo xónico, foi a moeda oficial dos Estados Unidos das Illas Xónicas desde 1819 ata a súa integración en Grecia en 1863.[2]
Historia
editarO óbolo foi establecido como unidade monetaria das Illas Xónicas pola Administración británica en 1819 para substituír as series de moedas con contramarcas sobre as antigas gazetas xónicas, que amosaban o seu valor facial en kurus turcos.[3]
Ata 1834, un óbolo dividíase, pola súa vez e catro lepta (singular lepton), e a partir desa data pasou a dividirse en cinco lepta. Durante todo o período da súa existencia, o valor do óbolo foi equivalente ao medio penique inglés.[2]
30 lepta (6 óbolos) das Illas Xónicas | |
---|---|
A/ BRITANNIA. Britannia sedente cara á esquerda. | R/ ΙΟΝΙΚΟΝ ΚΡΑΤΟΣ
1819. León de estilo veneciano |
30 lepta (6 óbolos). 1862. Ceca: Royal Mint. AG. 1,41 g. 17 mm.[4] |
Cuñáronse moedas de cobre con valores de 1 lepton e 2 lepta, e dun óbolo e 2 óbolos. Entre 1834 e 1862 emitiuse tamén unha pequena moeda de prata (17 mm e 1,41 g) co valor infrecuente de 30 lepta ou, o que é o mesmo, 6 óbolos.[5][6][7]
Estas moedas foron cuñadas na Royal Mint, de Londres, e o seu deseño foi obra de William Wyon (1795-1951), gravador xefe da ceca real londiniense.[6][8]
Finalmente, en 1863 os británicos cederon a soberanía das Illas Xónicas a Grecia como agasallo co gallo do acceso ao trono de Xurxo I de Grecia (1863-1913), o que motivou que o óbolo xónico fose substituído polo dracma grego, cunha taxa de cambio de 20 óbolos por cada dracma.
Notas
editar- ↑ "1 Obol - George III". Numista.com
- ↑ 2,0 2,1 "Information about currency: Ionian Obol". OnlineCoin.Club
- ↑ "Gazeta, Coin Type from Septinsular Republic". OnlineCoin.Club
- ↑ "1 Obol - George III". Numista.com
- ↑ "Ionian Islands • Obol (1819-1863)". Numista.com
- ↑ 6,0 6,1 "Coins: Ionian Obol". OnlineCoin.Club
- ↑ "Νομίσματα περιόδου 1801-1862". Coinsmania.gr
- ↑ "Νομίσματα περιόδου 1801-1862". Coinsmania.gr
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Óbolo das Illas Xónicas |
Bibliografía
editar- Λάμπρου, Π. (1844). Νομίσματα και μετάλλια της Επτανήσου πολιτείας. [Lambrou, P. (1844). Moedas e medallas do Estado das Sete Illas]. Reedición faximilar pola editora Καραβία, Δ. Ν. en 2007. ISBN 978-960-258-102-5
- Cuhaj, G. S. (ed.). (2009). Standard Catalogue of World Coins 1801 - 1900. Sixth edition. Krause Publications. Páxinas 774-775. ISBN 9780896899407