Çayönü
Çayönü, tamén chamado Çayönü Tepesi por estar sobre un montículo ou tepe, é un sitio paleontolóxico do Neolítico, sito no sueste de Turquía, que estivo habitado entre arredor de 7200 e 6600 a.C..
Xeografía
editarSitúase a uns 40 km ao noroeste de Diyarbakır, aos pés do cordal do Tauro, na chaira de Ergani, preto do río Bogazcay, un afluente do alto Tigris e do Bestakot, un regato intermitente. O tepe, lugar da escavación, medía 200 m de diámetro aproximadamente.
Arqueoloxía
editarAs escavacións foron dirixidas por Robert John Braidwood, inicialmente entre 1964 e 1978, e logo entre 1985 e 1991. O asentamento abrangue os períodos do Neolítico Pre-Cerámico A (PPCA), o Neolítico Pre-Cerámico B (PPCB) e mais o Neolítico Cerámico (PC).
Agricultura e domesticación
editarOrixe da domesticación
editarÇayönü é probabelmente o lugar onde foi domesticado primeiramente o porco (Sus scrofa porcus). Os restos de fauna salvaxe, consumida no lugar, incluían o porco bravo (Sus scrofa) a ovella salvaxe (Ovis orientalis), a cabra salvaxe (Capra hircus) e diversas especies de cérvidos. O contorno medioambiental neolítico constaba de pantanos e lameiros cerca do río Bogazcay, bosque aberto, estepas e fragas de amendoeiras e pistachos no sur da zona.
Cultivo de cereais
editarConsonte o xornal alemán Der Spiegel[1], o 6 de marzo de 2006, o Max Planck Institute de Colonia[2] descubriu que antecesores xenéticos comúns de 68 tipos contemporáneos de cereais medran aínda como plantas bravas nas ladeiras do Karacadag (monte Karaca), que está situado nas proximidades de Çayönü.
Inicio de uso de metal
editarOs arqueólogos atoparon, en niveis inferiores da escavación, obxectos de malaquita: doas furadas e tabelas. En capas claramente anteriores a 7.000 a.C., acharon obxectos de cobre (p.ex., alfinetes, un deles dobrado en ángulo) traballados en frío con técnicas de raspado e martelado. Son das probas máis antigas de uso de metal. Tanto a malaquita como o cobre pódense atopar a distancias próximas ao sitio[3].
Notas
editar- ↑ Der Spiegel
- ↑ Max Planck Institute for Breeding Research
- ↑ Halet Çambel e Robert J. Braiwood, "Una primitiva aldea agrícola de Turquía", en Investigación y Ciencia, trad.esp. de Scientific American, nº especial sob título Biología y Cultura: introducción a la Antropología biológica y cultural. Madrid. H. Blume. 1979, reimpr., páx. 226 (o artigo orixinal é de 1970)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Çayönü Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. de About.com.
- Çayönü de Ancient Near East.