Ángel Rodríguez Vázquez
profesor e político galego
Ángel Rodríguez Vázquez, nado en Viveiro o 30 de abril de 1924 e finado no mesmo concello o 31 de xaneiro de 2016,[1] foi un profesor e político galego.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/f5/Medalla_de_Galiza.svg/30px-Medalla_de_Galiza.svg.png)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de abril de 1924 ![]() Viveiro, España ![]() |
Morte | 31 de xaneiro de 2016 ![]() Viveiro, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarCriouse en Valcarría. En xaneiro de 1936 marchou a Madrid onde permaneceu durante a guerra civil. Regresou a Valcarria onde entrou a traballar no complexo industrial Barro-Chavín. Estudou perito industrial. Despois integrouse na Escola de Mestría de Viveiro, onde exerceu 31 anos, e foi director. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas primeiras eleccións autonómicas por UCD. Foille concedida a Medalla de Bronce de Galicia en 2000.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 1-2-2016, p. 29.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 298–300. ISBN 84-7507-044-2.