Ángel Martínez Castro
Ángel Martínez Castro, nado en Ponteareas a finais da década de 1870 e finado en Buenos Aires o 11 de outubro de 1930, foi un agrarista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1870 ![]() Ponteareas, España ![]() |
Morte | 11 de outubro de 1930 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarEmigrou a Buenos Aires con 13 anos. Aos 25 ingresou no Partido Socialista Argentino. Retornou a Ponteareas en 1909 onde organizou un grupo agrarista. Volveu a Arxentina ao ano seguinte e fundou o Comité Puenteareano. Promoveu a creación do Comité Auxiliar de las Sociedades Agrícolas de Puenteareas en Buenos Aires que despois pasou a denominarse Comité Puenteareano de Acción Popular. Foi correspondente administrativo de El Tea en Buenos Aires. Foi un dos fundadores da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, da que foi o seu primeiro secretario xeral. Despois integrouse no Comité de prensa da Federación pero foi desprazado polo sector galeguista e expulsado da Federación. O comité Ponteareano editou dende 1926 o periódico Acción Agraria que en 1929 pasou a denominarse Acción Gallega e logo da ruptura da Federación ingresou na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires.[1] Martínez participou no Comité de prensa de Acción Gallega. Finou en Buenos Aires o 11 de outubro de 1930.[2]
Notas
editar- ↑ Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. pp. 51–52. ISBN 978-950-786-574-9.
- ↑ Necrolóxica en Acción Gallega, 26-10-1930, p. 1.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. ISBN 9789507865749.