Ángel Ferrín Moreiras
Ángel Ferrín Moreiras, nado no Pinto (Vilar de Ordelles, Esgos) e finado en Ourense o 30 de xaneiro de 1947, foi un mestre, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() O Pinto, España ![]() |
Morte | 30 de xaneiro de 1947 ![]() Ourense, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, mestre ![]() |
Traxectoria
editarEn 1892 optou á praza de mestre de Manzaneda.[1] Abriu a academia Colexio Modelo na rúa de Reza de Ourense en 1903 e cara a 1920 trasladouna á rúa do Alba (hoxe Cardeal Quiroga). Foi director de El Maestro Orensano. Foi nomeado membro da xestora municipal do concello de Ourense en novembro de 1935 como representante de Renovación Española.[2] Foi membro da Adoración Nocturna. Finou en Ourense o 30 de xaneiro de 1947.[3]
Vida persoal
editarCasou con Felisa Nóvoa Fernández, que finou en 1929.[4] A súa filla María Ferrín Nóvoa foi a nai de Xosé Luís Méndez Ferrín.[5] Amais foi tío da matemática e astrónoma Antonia Ferrín, filla do seu irmán Antonio.
Notas
editar- ↑ "Sección de noticias". El Magisterio Gallego. 15 de agosto de 1892. p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-11-1935, p. 15.
- ↑ "II Aniversario del señor Ángel Ferrín Moreiras". La Región. 29 de xaneiro de 1949. p. 3.
- ↑ La Zarpa, 24-8-1929, p. 5.
- ↑ Salgado, X. M. e Casado, X.-M. (1989): X. L. Méndez Ferrín. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións. ISBN 9788478240209. Páx. 16