Ángel Concheiro Coello
arqueólogo galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ángel Concheiro.
Ángel Concheiro Coello, coñecido como Tito Concheiro, nado en Ordes en 1966, é un arqueólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 ![]() Ordes, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo ![]() |
Familia | |
Irmáns | Gonzalo Concheiro Antonio Concheiro Coello ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de Antonio Concheiro Carro e neto de Antonio Concheiro Iglesias. Licenciado en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu intervencións arqueolóxicas por toda Galicia, dirixindo os proxectos de escavación e conservación no Castro do Achadizo (Boiro), Castros de Punta Neixón (Boiro), Castro de Baroña (Porto do Son), Castro das Barreiras (Vimianzo) e asentamento aberto de Valdamio (Os Riós). Foi arqueólogo da Deputación da Coruña. Os seus dous principais campos de actuación son a Idade de Ferro e o mundo dos gravados rupestres da Idade de Bronce, sobre os que ten publicado artigos.
Obras
editar- Castro do Achadizo: cultura material, economía e subsistencia na Idade do Ferro.