Álvaro Negro
artista plástico galego
Álvaro Negro Romero, nado en Lalín en 1973, é un artista plástico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() Lalín, España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
Familia | |
Irmáns | Carlos Negro ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarÉ licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e mestrado en Belas Artes no Central Saint Martins College of Art & Design (London Institute). Deuse a coñecer en 1999 coas súas primeiras exposicións individuais na Galería Rayuela de Madrid e na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela. A súa obra móvese dende os desenvolvementos máis contemporáneos da pintura, ata a fotografía ou o vídeo. Ten obras nas coleccións do Centro Galego de Arte Contemporánea, Afundación, Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa e Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
É irmán do escritor Carlos Negro.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Álvaro Negro na Colección Afundación.
- Pintores de Galicia (2013). TVG.