Álvaro Fernández Suárez
Álvaro Fernández Suárez, nado en Couxela (Ribadeo) o 21 de decembro de 1906 e finado en Madrid o 21 de agosto de 1990, foi un escritor e economista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1906 ![]() Couxela, España ![]() |
Morte | 21 de agosto de 1990 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, economista ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEn 1924 fundou con Eustaquio Lago na Veiga o periódico "Ecos Vegadenses", posteriormente estudou en Donostia e Madrid, licenciándose en Dereito. Militou no Partido Republicano Presidencialista de España, publicando artigos no periódico El Presidencialista, órgano deste partido entre 1928 e 1930. Ingresou por oposición en 1931 no Corpo de Técnicos Comerciais do Estado. Foi axudante na cátedra de Adolfo Posada na Universidade de Madrid. Tratou a intelectuais e artistas como Francisco Ayala, Rafael Alberti, ou Agustín de Foxá, e foi moi amigo de León Felipe.
Marchou a Xenebra como delegado do goberno republicano no Comité de Expertos para establecer as Sancións a Italia por parte da Sociedade de Nacións. Ao estalar a Guerra Civil española en 1936 estaba de Agregado Comercial na Embaixada de España en Roma, o goberno da República trasladouno a París, de onde o chamaron despois a Madrid. Pasou a guerra seguindo ao goberno republicano, de Madrid a Valencia e de Valencia a Barcelona. Cando caeu esta cidade en 1939, saíu en avión cara Orán e de alí a Francia.
En Francia conviviu con Manuel Azaña en Pyla, preto de Arcachón. De Francia marchou exiliado a Uruguai onde pasou grandes penurias ata que logrou diversas colaboracións literarias e un emprego na Universidade de Montevideo. En 1949 pasou a Buenos Aires, colaborando en La Nación, Sur e outras publicacións, mentres escribiu e publicou varias obras de ficción.
En 1954 solicitou o seu regreso á Embaixada de España, sendo admitido a pesar do que tiña escrito contra o réxime franquista. Obtivo o reingreso no Corpo de Técnicos Comerciais do Estado; lo obtuve con explícita constancia de mi ideología y de mi conducta durante la guerra civil.
En Madrid desempeñou tamén a subdirección da revista cultural Indice, e reiniciou a súa carreira de ensaísta social e económico, publicando un incisivo ensaio sobre política agrícola, Los mitos agrarios, e con El pesimismo español logrou ser finalista do prestixioso Premio Espejo de España en 1983.
Obras
editar- España, su forma de gobierno en relación con su geografía y su psicología, 1930.
- Futuro del Mundo Occidental, 1933
- Hermano Perro. La novela de los tiempos. México, 1942. Reeditada por Do Castro (Biblioteca do Exilio), 2006.
- Cosas vistas y oídas, Montevideo, 1943.
- El retablo de Maese Pedro. Farsa endiablada de hombres y muñecos. Montevideo, 1945.
- Se abre una puerta... Bos Aires, 1953.
- Los mitos del Quijote. Madrid, 1953.
- El Tiempo y el “Hay”. Madrid, 1955.
- Los mundos enemigos. Madrid, 1955.
- España, árbol vivo. Madrid, 1960.
- El camino y la vida. Madrid, 1965.
- La ciénaga inútil. Madrid, 1968.
- Los mitos agrarios. Madrid, 1977.
- El pesimismo español. Barcelona, 1983.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Casteleiro Oliveros, Luis (2009). Consejería de Cultura del Principado de Asturias, ed. Álvaro Fernández Suárez : Biobibliografía de un escritor eficazmente olvidado. Oviedo. ISBN 978-84-8367-183-2.
Ligazóns externas
editar- El exilio literario español de 1939 : actas del Primer Congreso Internacional Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (Incluye: "Álvaro Fernández Suárez y su obra novelística" por Ignacio Soldevila Durante y "«Se abre una puerta...» (1953): los primeros cuentos de Álvaro Fernández Suárez" por Fernando Valls)
- Biografía
- Recensión