Álex Fernández Iglesias
Alejandro "Álex" Fernández Iglesias, nado en Madrid o 15 de outubro de 1992, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Cádiz, da Segunda División. É irmán do tamén futbolista Nacho, que desenvolveu a maior parte da súa carreira no Real Madrid.
![]() (2010) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1992 ![]() Alcalá de Henares, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 6 de marzo de 2011 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 9 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Nacho Fernández ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Traxectoria
editarReal Madrid
editarFormouse nas canteiras da RSD Alcalá e do Real Madrid, club este último no que ingresou con 12 anos. En xullo de 2010 foi convocado polo adestrador do primeiro equipo José Mourinho, para unha xira de pretemporada polos Estados Unidos. Disputou o seu primeiro partido non oficial co primeiro equipo branco o 5 de agosto, nun encontro amigable contra o Club América mexicano no que debutou tamén o seu irmán Nacho, futuro capitán do club.
O 29 de agosto de 2010 debutou co Castilla na Segunda División B, nun partido contra o Coruxo. Rematou súa primeira tempada con 32 partidos e dous goles.
O 6 de marzo de 2011 debutou co Real Madrid na Primeira División, xogando o último minuto dunha derrota por 3-1 ante o Racing de Santander. Disputou 35 partidos co filial na campaña 2011/12, contribuíndo así no ascenso á Segunda División.[1]
Espanyol
editarEn agosto de 2013 deixou a estrutura do Real Madrid e pouco despois asinou co RCD Espanyol. Na súa primeira tempada en Barcelona disputou 30 partidos, aínda que só cinco deles como titular.
O 28 de xaneiro de 2015, o Espanyol cedeuno ao HNK Rijeka ata o final da tempada. Para a tempada 2015/16 volveu saír cedido, desta vez ao Reading, club do Championship inglés.
Elche
editarO 31 de agosto de 2016, pouco despois de rescindir o seu contrato co Espanyol, fichou polo Elche CF, co que acabou descendendo ao remate da tempada.[2] A continuación fichou polo Cádiz, no que xoga dende entón.[3]
Cádiz
editarCun total de 11 goles, foi o máximo goleador do seu equipo en 2019.[4] Anotou 13 durante a tempada 2019/20, ascendendo o equipo a Primeira como subcampión.[5]
Notas
editar- ↑ "El Real Madrid Castilla, campeón de Segunda B" [Real Madrid Castilla, Segunda B champions]. ABC (en castelán). 10 de xuño de 2012. Consultado o 3 de decembro de 2024.
- ↑ "El Elche C.F. incorpora a Álex Fernández" (en castelán). 31 de agosto de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2024.
- ↑ "Álex Fernández se compromete hasta 2019" (en castelán). 7 de agosto de 2017. Consultado o 3 de decembro de 2024.
- ↑ "Álex Fernández, el máximo goleador del 2019" (en castelán). 28 de decembro de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2024.
- ↑ "La liberación de Álex" (en castelán). 13 de xaneiro de 2021. Consultado o 3 de decembro de 2024.