Álbum Literario de Galicia
Álbum Literario de Galicia foi unha revista editada en Santiago de Compostela en 1860.
Álbum Literario de Galicia | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Revista semanal científica y literaria, apareceu en 1860. Estivo dirixida probablemente por Félix Moreno Astray e os redactores eran os alumnos do seminario de Santiago de Compostela; outros autores sinalan como director a José Pérez Villaamil, que tivo unha presenza importante na publicación e asinou a "Introducción". Entre os seus colaboradores figuraron Manuel López Lorenzo, Luís Aguirre del Río e Camilo Pérez. Desapareceu aos tres meses.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Álbum Literario de Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. p. 35. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Álbum Literario de Galicia na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.